TI NON XOGAS!

Imaxe do libro AUTOR: Silvestre Gómez Xurxo
ARGUMENTO:

Leva moito tempo chovendo, hoxe vai un bo día, pero Suso  en vez de xogar ao balón cos compañeiros está sentado nun chanzo das escaleiras do patio do colexio sen entender o que sucede...
EDITORIAL: Xerais
Nº PÁXINAS: 104

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Noemí Quinteiro Sánchez 2015 Gustoume moito e ademais o autor veu darnos unha charla. 10
Iker Carrera 2015 Este libro trata dun neno que nos recreos non lle deixaban xogar ó fútbol. Encontra unha pañoleta, que é unha pantasma e o axuda. 8
Julia Rodríguez Rodríguez 2015 Gústame moito este libro. Ademais o autor veu a darnos unha charla moi divertida e aprendín moito. Recomendo a todo o colexio este libro, espero que o leades. 10
Laura Arias 2015 Non me gustou nada. Pareceume moi aburrido.Non o recomendo. 1
Pablo González Vidal 2016 Non me gustou nada. Non o recomendo. 4
Anxo Martínez Marcote 2017 Gustoume moito, pero é moi triste e emocionante á vez. Recoméndoo. 7
Brais Toucedo Vila 2018 É un libro moi entretido, a historia é moi bonita. Este libro o lin cos meus compañeiros de clase. Un dos libros más divertidos, bonitos e con final feliz da miña vida. 8
Xabier Fernández Ledo 2018 Encantoume moito. Volo recomendo. 10
Óscar Molinos Rodríguez 2018 É moi divertido e entretido. Os debuxos son moi bonitos e volo recomendo. 10
Irea Villar Vila 2018 É moi chulo e aprendes palabras novas e bo comportamento.Os debuxos son moi bonitos. Volo recomendo. 10
Diego Lago Ramilo 2018 É moi divertido, e tamén moi entretido. Volo recomendo! 8
Daniela Orge Vila 2018 Gustoume pero foi un pouco raro. 7
Marco Martínez Marcote 2018 Gustoume porque me gustan as pantasmas. 8
Nuria Santiago 2018 Este libro gustoume porque trata dun neno que ten un problema que resolver. 7
Lucas Fernández Vila 2018 Este libro trata sobre un neno que quere xogar ao fútbol e outro neno que non lle deixa. O neno cala o que pasou e ven unha pantasma que lle axuda. Resolven o problema e xogan todos ao fútbol de maneira amistosa. Recoméndovolo. 9
Cloé Gallié Dasilva 2019 É un libro moi bonito. Está moi ben para aprender a convivir xuntos. É entretido, divertido... A súa amiga é unha pantasma moi amable, que lle axudou a arranxar un problema con outro neno. Recoméndovolo a todas. 10
Marco Martínez Marcote 2019 E moi entretido o recomendo para todas as persoas maiores de 3 anos. 5
Breixo Vila Alonso 2020 A min o libro gustoume moito porque nos ensina que si nos propomos algo e nos esforzamos podemos conseguilo como fixo Suso cando quería xogar ao Fútbol, así é como deberíamos facer nos ou polo menos intentalo. 10
Natalia Rodríguez López 2020 O libro é moi entretido e moi expresivo.Ten moitas cousas educativas. O libro trata sobre un neno chamado Suso, que despois de moitos días de choiva sae o sol, e entón cando Suso vai xogar ao fútbol pero un neno chamado Róber non déixalle xogar entón se queda sen xogar. Pero logo coñece a unha pantasmiña que axudaraille a facerlle frente a Róber. 10
Sara Viño Pena 2020 Este libro non é o que máis me gustou, pero non está nada mal porque ensina valores. Se che gusta máis o fútbol que a min, anímate a collelo!.O que sucede é que Róber díxolle a Suso, ti non xogas!. El sentou nun chanzo moi amolado, pero fixo alí, no chanzo, unha amiga un pouco especial. 7
Xabi Carballeira Calvo 2020 O libro “Ti non xogas” é un libro moi entretido e educativo, pareceume moi boa idea facer un libro que trate sobre diferentes problemas que ten Suso ( o protagonista) e como solucionalos. Recoméndoo, é un dos mellores libros que lin ata a hoxe. Ten unha historia que se desenvolve pouco a pouco e Suso faise amigo dunha pantasmiña chamada Phanti. Se tivera que darlle unha nota do 1 ao 10 sería un moi merecido 9,75. O único "pero" é que o libro é algo curto. 5
Paulo Ces Domínguez 2020 A min este libro gustoume moito porque era moi fácil de ler e enganchaba que Suso contaba. O conto trata sobre un neno de quinto de primaria que, despois dunha tempada de chuvia, saíu o Sol e Suso tiña moitas ganas de xogar ao fútbol. Pero cando chegou ao campo, un compañeiro chamado Róber díxolle:Ti non xogas! Entón Suso marchou desanimado e... viu un pano branco colgado dunha pola. Pero creo que, cando Suso pensou que era un pano, non tiña moita razón, xa que en realidade... Recoméndoo para nenos mais ou menos da idade de Suso (cuarto, quinto e sexto de primaria.) E, como fixemos nós, en letura coletiva. 10
Vega Marina González Touzado 2020 A miña opinión sobre o libro:O libro está ben, non é que me encantou. Para min é un libro normal, non ten esa chispa especial que fai que me encante un libro. É un libro que se pode ler, sen máis. Para gustos cores! 7