SOLO EN EL CAÑON DE LA SERPIENTE

Portada do libro Solo en el cañón de la serpiente AUTOR: R.L. Stine
ARGUMENTO:

Nesta espantosa pesadilla terás ocasión de escoller. A medida que vaias lendo atoparás distintos finais. Ti poderás ser o verdadeiro protagonista desta historia.

 



EDITORIAL: Ediciones B
Nº PÁXINAS: 144

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL AN0 OPINA VALORACIÓN
Anxo Alonso Boullosa 2014 Gustoume moito, porque a min encántanme os libros de intriga e medo, e aquí atopamos as dúas cousas. Se vos gustan este tipo de libros, recoméndovolo. 9
Ángel Blanco Campos 2014 A min este libro gustoume moito. Paréceme que ten moita acción e entreteste moito. Recomendo escollelo, xa que é moi divertido. 10
Jesús Fernández Mejuto 2014 A min gustoume o libro, dá un pouco de medo. Convérteste en diferentes animais e só tes un final feliz. Moita sorte ó lelo! 9
Pedro González Fernández 2014 É moi emocionante, ao principio hai un camiño moi interesante, hai un que sempre te persigue, e unha pantera moi pesada. Recoméndoo. 8
Álex Alonso Álvarez 2014 Encantoume moito porque é moi divertido. 10
Nicolás Pena Pedrares 2015 É un libro moi entretido, gustoume case todo menos cando morres, porque tes que volver as páxinas anteriores e senón te lembras de que páxina era perdes moito tempo. 8
Paulo Pérez Fortes 2016 Este libro trata de que vas de acampada coa túa familia. Na tenda do canón da serpe podes comprar dous ollos de serpe ou un mapa coa mina perdida. Elixe a aventura máis terrorífica. Espero que vos guste 7
Anxo Ferreira Iglesias 2016 Gustoume moito. Anímovos a leelo.Tes que ir a un zoo e podes comprar dúas cousas... Non as digo que é unha sorpresa. É un dos libros que máis me gusta! Adeus! 10
Brais Chacón Vila 5º A 2017 O libro é moi divertido, hai que elixir entre vinte finais distintos. Podes morrer ou salvar a vida. O malo é que é moi lioso. Trátase de que vas de excursión a un canón moi misterioso onde hai unha mina de ouro. Tamén podes transformarte en diferentes animais. Anímovos a que o leades! 9
Sergio Romero Pereira 5º B 2018 É moi divertido xa que o comezo tes que elexir entre un mapa e uns ollos de serpe máxicos cos que te podes converter en diversos animais e tes que impedir que morras. Hai vinte finais diferentes e solo un bo. Recoméndoo moito. 9