RETORNO A LA FERIA DE LOS HORRORES

Portada do libro AUTOR: R.L. Stine
ARGUMENTO:

Nesta espantosa pesadilla terás ocasión de escoller. A medida que vaias lendo atoparás distintos finais. Ti poderás ser o verdadeiro protagonista desta historia.

 



EDITORIAL: Ediciones B
Nº PÁXINAS: 137

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Soraya González Romero 2014 O libro gustoume moito porque é de intriga. Hai opcións e dá moito medo. Sorte ó lelo! 9
Antía Gándara Gándara 2014 Este libro gustoume moito porque é un libro de medo e apareces ti tamén na historia. Algunhas páxinas teñen dúas opcións para elixir onde queres ir. 9
Marta Rodríguez Pérez 2014 O libro encantoume porque dá moito medo. Se les este libro non poderás parar de ler toda a colección! 9
Roberto Tobar Buján 2014 O libro gustoume, é moi interesante porque pode haber un volcán, un ascensor, unha pantera .... E coma sempre, acabei morto! 10
Iago Pereira Núñez 2014 Este libro gústame porque trata sobre unha feira maldita que cando entras quedaste aí para sempre. É interesante. Non deixedes de lelo. 10
Alberto Martínez Cortegoso 2014 O libro non me gustou moito porque mandábache ir dunha páxina a outra. 5
Gabriel Davila Iglesias 2014 Gustoume  a letra e os gráficos pero non me gustou ir dunha páxina a outra paxina. Recoméndovolo a todos. 8
Erea Cabaleiro López 2014 Gustoume porque cando o les tes a intriga do que vai suceder, así que se escolles este libro non te trabuques de camiño ao escoller ou...morres. 10
Antía Orge Vila 2015 É un libro moi divertido e espero que o leades 9
Pablo Losada 2015 Este libro é dunha aventura inolvidable a feria dos horrores volo recomendo. 9
Anxo Ferreira Iglesias 2016 Gustoume moito. Trata duns nenos que queren saír dunha feira de horrores. Se non saen antes das 12:00 da noite o xefe da feira, pensa matalos. Que pasará? 10
Raquel Lorenzo Pereiro 2016 O libro está ben, perdín un par de veces pero cheguei ata o final. A historia trata de que ao lado da túa casa montan unha feira e os teus amigos Patty e Floyd queren ir pero ti non estás moi seguro... Espero que che guste e elixas o camiño correcto... 9
Anxo Ferreira Iglesias 2016 Gustóume moito.Trata duns nenos que se meterion nunha feria onde xa estiveran.Popouco morren e... 10
Javier Morgadas Domínguez 2017 A min me gustoume moito porque é de intriga e un pouco de medo.  É un libro xenial. Animo a lelo. Encantaríavos! 9
Noel Gil Barros 5º A 2017 Está moi ben. a min gustoume moito.Trátase dunha feira terrorífica, onde pasan cousas moi curiosas e vai dunha páxina a outra. Dentro das casetas hai uns ruídos moi raros. Podes morrer ou seguir vivo. Anímovos a que o leades. 8
Candela González Rubio 5º B 2017 A min gustoume moito este libro porque riste moito. É moi divertido. 10
Lois Quintas Pérez 5º B 2017 Moi bo libro, pero non teñas pesadelos! 8
Candela Carballas Salgado 6º A 2018 Un libro moi entretido, no que terás que tomar boas decisións se non.....poderás morrer. A pesar diso é moi divertido. Recoméndoo. 7
Candela González Rubio 6º B 2018 Este libro é moi entretido.Tes que tomar boas decisións ou superar probas se non..., podes morrer. Ademais é moi tétrico, do meu estilo. Animo a lelo!!!! Encantaríavos, estou segura diso!!!! 10
Yasir Nahil Elhatifi 6º B 2019 O libro gustoume porque é de terror. Ten 20 finais distinto: podes morrer no intento ou volver á casa. Rétote a que o leas e..., deséxoche boa sorte. 10
Efrén González Lorenzo 6º B 2019 O libro é moi entretido!!!!! Teredes que conseguir escapar... Poderedes atopar 20 finais distintos, o que o fai moi entretido é poder escoller que facer. Recoméndovolo moito. 8
Diego Fernández Rodríguez 6º A 2019 Un libro de pesadelas , cheo de capítulos e aventuras moi divertidas ...... Non recomendado para ler de noite..... 8
Sabela Guisande Vieito 6º B 2019 Este libro gustoume moito. Trata dunha feira dos horrores que hai na cidade e cando se entra, o lector debe decidir o que quere facer para conseguir saír da feira!!!!!! Vas con Patty, a túa mellor amiga, e o teu primo Floyd. Xuntos tedes que vencer a Big Al e lograr saír da feira sans e salvos... Recomendo este libro porque é moi interesante e mantente nunha intriga constante!!! 9
Sergio Romero Pereira 6º B 2019 Este libro "engancha" moito, xa que tes que meterte na vida dos protagonistas e decidir o que teñen que facer para salvar a súa vida ou falecer. Ao longo do libro vivín un montón de mortes surrealistas, ata me comeron uns "perritos calientes"!!! Pero o final feliz non volo vou contar a ver se o descubrides!!!!!! Recoméndovolo 100%... 8
Marcos Gil Rodríguez 6º B 2019 Este libro gustoume moito. É moi entretido e intrigante. "Engancha" moito e os seus personaxes son moi divertidos e tamén un pouco parvos. Nunca gañei os xogos que plantexa este libro, pero divertiume moito. Lembra!!!! Ten coidado coas casetas e as súas eleccións!!!!! Recomendable cen por cen!!!! 9