A VERDADEIRA HISTORIA DO PIRATA XOCAS

Imaxe do libro AUTOR: Milagros Oya Martínez
ARGUMENTO:

Quino está preocupado polo seu avó, porque ten que vender a casa ante as ameazas dos membros do concello. Así que pasa toda a noite sen durmir porque pensa que a clave está nun manuscrito que recolle a aventura dun devanceiro seu, chamado Quinocho, que despois da morte do seu amigo colle o seu nome, Xocas, e convértese nun pirata...

EDITORIAL: Ir Indo
Nº PÁXINAS: 188

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Brenda Rivas Jiménez 2014 Doulle un cinco porque gustoume un pouco, porque pobre avó que ten que vender a súa casa na que pasou toda a súa vida nela e é moi triste. 5
Daniel Toucedo Vila 2016 Este libro pareceume aburrido e triste polo avó. A letra é un pouco pequena e os debuxos bastante raros. A min non me gustou moito. A súa historia é bonita pero a forma na que a conta non. 6
Nicolás 2016 É un libro moi divertido. Encantoume moito, pero utilizan algunhas palabras raras e por iso doulle un nove, pero aínda así volo recomendo. 9