PERDIDOS EN EL CIBERESPACIO

Portada do libro AUTOR: R.L. Stine
ARGUMENTO:

Nesta espantosa pesadilla terás ocasión de escoller. A medida que vaias lendo atoparás distintos finais. Ti poderás ser o verdadeiro protagonista desta historia.

 



EDITORIAL: Ediciones B
Nº PÁXINAS: 137

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Rubén Alfonso Pérez Carballas 2014 O libro está xenial. Dos vinte finais, só dous finais serán bos para ti, nos demais morres. Espero que atopes os dous finais :) 10
Ángel Blanco Campos 2014 A min este libro gustoume porque hai uns alieníxenas que te collen para ir a un xogo no espazo e tes que gañar para defender o seu planeta. É moi entretido. 9
Manel Quintas Pérez 2014 A historia ocorre nun salón de videoxogos. Ti entras no salón de videoxogos con Katy. Ó empezar a xogar méteste dentro do xogo,se non estás atento perdes,e se perdes morres. O meu final non foi dos mellores;morrín nunha moto de neve convertido nun carámbano,e caín por un precipicio. 8
Hugo Ramírez Senlle 2014 Este libro gustoume porque había moita acción. Ademais é moi interesante e divertido. Proba a lelo!! 10
Daniel Toucedo Vila 2015 A min gustoume este libro porque paréceme divertido. Recoméndovolo. 9
Noel Santiago Estévez 2015 O libro gustoume moito, porque eu enfronteime contra a Abominable Muller das neves. Tamén hai outra historia para elixir, pero como non a escollín non vos podo dicir nada. 10
Alberto Martínez Cortegoso 2015 O libro gustoume moito,da bastante medo e  tes que elexir o camiño axeitado para non morrer.Eu o rematei morrendo. 9
Erea Cabaleiro López 2015 Este libro gustoune. Madame Zapp ten un salón de xogos, pero senón superas a fase, non poderas volver ao mundo real. Así que ten coidado co camiño que elixes. 8
Martín Díez Bouzas 2016 É un conto de intriga onde un alien te secuestra e lévate ao espazo. Logo tes que protexer o seu planeta cun videoxogo. 7
Alexandre Dacuña Fondado 2016 Gustoume bastante. Ten 20 finais e trata duns marcianos que cando lles cortas a cabeza sáenlles moitas máis. Anímovos a que o leades. 7
Óscar Fernández Sanjuán 5º A 2017 O libro gustoume porque é moi divertido e curioso. Hai que loitar contra un alieníxena e tamén podes escoller o que queres facer. Para gañar hai que superar tres probas. 9
Daniel Antonio Vila 5º A 2017 O libro gustoume. Á parte que máis me gustou foi cando pelexaron contra o alieníxena. Cada un pode buscar a súa aventura e chegar a un final diferente e haí vinte finais. 6
Yasir Nahil Elhatifi 6º B 2019 No libro, entras nunha sala de xogos de realidade virtual. Hai dous xogos a " abominable muller das neves"ou "A deriva en Vega".Este libro ten 20 finais distintos, poderás voltar a casa ou quedarte alí para sempre . Recomendo este libro sen dubidalo!!!!!!! 10
Héctor Rocha Navarro 6º B 2019 Non me gustou moito o libro, porque cando comecei a lelo dinme conta que tomei unha mala decisión e morrín no libro
(que diso se trata), e despois volvín a comezar, volvín ler e volvín morrer, polo tanto non o recomendo. En definitiva, o libro non me gustou, porque morro moi rápido...hahaha
6
Lois Quintas Pérez 6º B 2019 Estivo moi ben, aínda que fíxoseme un pouco longo. Foi entretido e divertido. Recoméndoo a partir da 8/9 anos. O libro trata sobre un videoxogo. Vas cos teus amigos a un salón de videoxogos, e de súpeto meteste nun xogo cos teus amigos. Hai dúas opcións: "Á deriva de Vega" e a outra é "A aventura ártica xunto a abominable muller das neves". O destino decídelo ti. Tes que escoller o destino para ser rico, famoso ou... 8