PANTANO HEDIONDO

Imaxe do libro pantano hediondo AUTOR: R.L. Stine
ARGUMENTO:

Benvido á casa do pantano, teu novo fogar. É unha casa horripilante que se cae a anacos e na que vive a pantasma de Annabelle. Ata aquí as malas novas, pero nos seus cimientos agóchase un enorme tesouro, esas son as boas novas, iso si, sempre que sexas capaz de aguantar o tempo necesario...

 

 



EDITORIAL: Ediciones B
Nº PÁXINAS: 134

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Alex alonso Álvarez 2015 O libro trata sobre unha casa que é fea e cáese a pedazos. Uns restauradores a mercan e alí viven moitas aventuras. Gustóume porque estiven moitos días intentando escaparme pero ao final, conseguinno.Recoméndoo ós lectores que gusten os libros da colección de pesadillas. 9
Alex Maceira Alonso 2016 O libro trata dunha lagoa que ten un tesouro afundido e Zeke vai buscar os prismáticos para coller o tesouro. É moi divertido. 7
Alexandre Dacuña Fondado 2016 Gustoume un montón. Trata dunha nena que vive cos seus pais. A súa casa está cerca dun pantano e esta destrozada. Hai que facer unha reforma. Anímovos a que o leades¡ 9
Javier Morgadas Domínguez 2016 Na casa do pantano hai un tesouro e un diario dunha nena. Hai que ter cuidado porque hai monstros xigantes e plantas carnívoras moi malvadas. Anímovos a lelo, é moi divertido. 10
Anxo Martínez Marcote 2017 Este libro é moi interesante, moi entretido e recoméndoo a todos. 8
Lucía Costas Díaz 5º A 2017 Este libro é moi gracioso e tamén un pouquiño tenebroso. Ten moito misterio e suspense, perfecto para os máis curiosos. Trata sobre un neno que se muda a unha casa chamada A Casa do Pantano. Esta casa está encantada polo pantasma de Annabelle. Coñece a un neno e fanse amigos, entón os dous enfróntanse a todos os misterios da zona. 8
Laura Freire Viñas 5º A 2017 O libro é moi divertido e a casa é moi fea. Eu cando estaba lendo quería pasar a outra páxina para saber o que ía pasar. Eu recoméndoo. 10
Diego Lago Ramilo 2018 É moi divertido e interesante. Volo recomendo! 8
Ariadna González Rivero 6º B 2019 Este libro gustoume moito. O que máis me gusta e que te manda a outras páxinas e non sabes o que te vas atopar... Hai moitos finais e case todos son malos!!!! Hai que chegar á paxina do final bo, pero non é nada doado... Encantoume, recoméndovolo!!!!! 7