LA LECCIÓN DE AUGUST

Imaxe da portda do libro AUTOR: R.J. Palacio
ARGUMENTO:


CA súa cara faino distinto, el quere ser coma os demais. sempre camiña coa cabeza gacha e o pelo de lado para tentar tapar a súa cara, aínda así sempre hai comentarios, miradas...
EDITORIAL: Nube de Tinta
Nº PÁXINAS: 416

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Alejandro Alonso Álvarez 2016 Este libro encantoume porque trata dun neno que nunca foi a un colexio e alí fai bos amigos e outros non tan bos. Recomendo este libro polos valores que ten. 10
Aroa Del Moral Sanmartín 2016 Paréceme un libro perfecto para nenos. Trata dun neno chamado August, que nunca fora ao colexio, que lle daba clase o seu pai. Tiña un problema na cara. O trataban fatal, polo o seu aspecto. Eso non me parece ben. Espero que o leades. A min gustoume moito. 9
Nicolás Pena Pedrares 2016 É un libro moi entretido, a min, personalmente encantoume. Se che gusta ler este libro está feito para ti, aínda que en dixital ten moitas erratas. 9
Noel Santiago Estévez 2016 O libro gustome moito, aínda que é un pouco triste porque August é un neno coa cara deformada. Cando comeza nun colexio os alumnos búrlanse del menos uns poucos. Recoméndovolo. A historia é moi boa. 10
Laura Molinos 2016 Recomendo este libro porque pódese aprender un montón de valores e leccións da vida cotiá. Poderemos empatizar con outras persoas. É a segunda vez que o leo porque nunca me canso del. 10
Alejandro Cid Lago 2017 Este libro o estamos a ler na clase. A min polo de agora gústame. Verei se me gusta cando rematemos. 8
Julia Rodríguez Rodríguez 2017 Estou lendo este libro e me está a gustar moito. O que máis me gusta é que che ensina moitas cousas,  sobre todo moitos valores. Tamén che ensina que na vida non se pode xulgar ás persoas sen coñecelas. 10
Laura Arias García 2017 Este libro encantoume. Trata dun neno chamado August Pullman que desgraciadamente non é normal aínda que faga como se fose igual cos demais. Ten que esquivar moitos obstáculos na escola e compañeiros que non o tratan ben. É unha historia conmovedora. Sen lugar a dúbidas recoméndoo. 10
Bárbara Leticia Da Cunha Pereira
de Sousa
2017 Pode ser que este libro fose o mellor que lín da biblioteca. Lémolo todos na clase na "hora de lectura". Aínda que este conto é para maiores de 10 anos, volvereino a ler no instituto, ao mellor mercareino, porque... encántame!!!! 9
Noa Costas Senlle 2018 Este libro trata sobre un neno chamado August, que nunca foi ao colexio. Como ten uns problemas na cara os nenos risen del. Recomendo este libro, gustoume moito. 10
Óscar Molinos Rodríguez 2018 Este libro trata dun neno chamado August. A súa nai dáballe clases na casa, pero un día todo cambiou. Na escola ninguén quería estar con el, ata que un neno un día foi a xunto del e dende entón son amigos. Este libro ensina valores e cousas sobre a vida cotiá. 5
Lois Quintas Pérez 6º B 2019 É bo libro, entretido, un pouco dramático e gracioso. Recoméndoo para nenos/as da nosa idade, tanto o libro como a película. Trata dun neno con problemas faciais, chamado "August Pullman", que despois de ser educado na casa, vai ir ao colexio. E digamos que, non vai ser unha experiencia moi agradable para el. Xa que polos seus problemas vanse a meter con el. 7
Mateo Alonso Álvarez 6º A 2019 Este libro gustoume moito. Trata dun neno que ten un problema na cara e non pode ir ao colexio. Alí o tratan mal só por ter ese problema. Gústame polos valores que mostra. 10
Pablo Bacelo Rodríguez 6º A 2019 É unha historia moi bonita. Eu xa o lin coma 6 o 7 veces e nunca cánsome deste libro. A peli tamén é moi chula e encantoume. Recoméndovolo a tódolos maiores de 7 anos Pódelo encontrar na biblioteca. 10
Brais Chacón Vila 6º A 2019 O libro gustoume moito, aínda que é un pouco triste porque August é un neno coa cara deformada, xa que sufriu moitas operacións. Cando comeza nun colexio os alumnos búrlanse del. Recoméndovolo. 9
Noa Vázquez García 6º B 2019 A min gustoume moito este libro.Trata sobre un neno chamado August que naceu cunha deformación na cara. O neno non quería ir a escola porque non quería que os nenos se burlaran del. A medida que ía pasando o curso foi facendo moitos amigos novos, como, por exemplo, Summer ou Jack. August a Jack chamáballe Jack Will. Recoméndovolo. Non sei para que idade está recomendado o libro pero gustaravos moito e diso si que estou case convencida ao 100%!!!!! 10
Noel Gil Barros 6º A 2019 Gustoume moito, é moi divertido, tamén da pena na parte do que perde o amigo. Perdoade, xa non quero dicir nada que se non vos conto toda a historia. Recoméndovolo. 9
Daniel Roldós Vidal 2020 Este libro é moi gracioso, interesante e divertido, volo recomendo. 8
Xabier Fernández Ledo 2020 O libro gustome moito, aínda que é un pouco triste porque August é un neno coa cara deformada. Cando comeza nun colexio os alumnos búrlanse del , menos uns poucos. Recoméndovolo. A historia é moi boa 9