WONDER. LA HISTORIA DE JULIAN

Imaxe da portada do libro AUTOR: R.J. Palacio
ARGUMENTO:


Que motivos ten Julian para odiar a August? Sempre se porta fatal con Agust. Por que?...
EDITORIAL: Nube de Tinta
Nº PÁXINAS: 160

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Guillermo Cid Lago 2016 É un libro moi bonito, con historia intrigante e letra grande. Os personaxes son moi chulas pero gustoume máis o da lección de August. 9
Alejandro Alonso Álvarez 2016 A min este libro gustoume moito porque trata sobre a versión de A lección de August pero coa visión de outros, coma a de Julian que ao principio non é bo con el e explica o porqué. Recoméndoo ós máis lectores 10
Noemí Quinteiro Sánchez 2017 Eu aínda non lin este conto, pero falan moi ben del. Dicen que choraron e que é moi triste. Paréceme interesante poder descubrir o outro lado, coñecer a persoa e porque o fai. A miña puntación é polo que me recomendaron, iso que quede claro. Ademais volverei a escribir cando o remate. Espero que vos guste, pero teredes que esperar porque polo de agora o teño eu. 10
Sergio Romero Pereira 6º B 2019 Recoméndovolo moito. Trata dun neno chamado Julian, que era moi popular entre os nenos do seu cole. Ata que chegou August Pullman todo o mundo se fixaba nel, xa que tiña unha gran deformación na cara. Entón Julian perdeu protagonismo e comezou a facerlle "bulling" a August ata que un neno lle ensinou unha das cousas malas que lle fixo Julian e expulsárono, pero no verán foi á casa da súa avoa e lle contou a súa historia recapacitou e escribiulle unha carta de desculpa a August. Este é o segundo libro de Wonder e recomendo ler o primeiro antes ca este, para poder entender ben a historia. 9
Xabier Pérez Sousa 6º B 2019 Este libro é o segundo da colección de Wonder.Trata sobre un neno chamado Julian, que vai ao instituto de secundaria Beecher. Julian era moi famoso no instituto, ata que chegou Auggie Pullmann, un neno que tiña unha deformación facial. Para vengarse Julian fíxolle "acoso escolar", mandándolle notas ofensivas a Auggie a diario. Julian tiña máis amigos, pero fóronse todos con Auggie. A partires dese momento, Julian púxose aínda máis enfadado e comezou a dicir que quen tocara ao monstro (Auggie) tería a peste, pero, por sorte, case ninguén lle fixo caso. Entón seguiu mandándolle notas "bullingueiras", ata que o pillou o mestre Traseronian. Un día despois, o mestre Traseronian convocou unha reunión cos pais de Julian. Os pais pensaban que lle ían contar cousas boas, pero, non, os mestres dixéronlle que Julian lle mandaba notas ofensivas a Auggie, entón expulsárono dúas semanas. Os pais dixeron que o ían cambiar de cole. Unha semana despois, Julian tívose que ir a París (Francia) a visitar a súa avoa. E non vos vou contar máis, porque senon cóntovos o libro enteiro. É un moi bo libro, por iso o recomendo cun oito!!!!!! 8
Yasir Nahil Elhatifi 6º B 2019 Este libro é o segundo da colección Wonder. Neste cado trata sobre Julian, que ten moita envexa de August Pullman, un neno con deformidade facial , porque el era o neno máis popular do colexio de secundaria Beecher, entón inventa o da peste (quen o toca ten a peste e se non se lava as mans e todo o colexio escapará del) pero, por sorte os nenos non lle fan moito caso. A súa nai sempre xustifica os seus actos. Un día os seus pais reciben unha chamada do director Traseronian. Eles pensan que son boas novas pero, e todo o contrario, resulta que o mais popular faille bullying a Auggie , mandándolle notas, entón vai estar dúas semanas expulsado, perdéndose a excursion á reserva natural. Logo vai de vacacións a París, donde a súa avoa lle conta unha historia que pasou na segunda guerra mundial que fará a Julian aprender a lección. Ata aquí chegou a miña opinión do libro que fará que vexades a vida doutro xeito e que non hai que xulgar por como é a persoa físicamente. Este libro é totalmente recomendable!!!!! 10