LA GUERRA DE 6º A: ALÉRGICOS A 6º B

Imaxe da portada do libro. AUTOR: Sara Cano
ARGUMENTO:

Dúas clases rivais. Un premio alucinante. Unha semana chea de probas para gañalo. Piques e bromas sen fin... Se queres saber quen (e como) gañou a guerra máis divertida e vándala que se librou nunca nun colexio, non te podes perder este libro.




EDITORIAL: Alfaguara
Nº PÁXINAS: 196

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO  OPINA VALORACIÓN
Barbara Leticia Cunha Pereira de Sousa 2016 Este libro encantoume porque non é tan serio. Ten partes divertidas, todas as noites apetecíame lelo. Cando me preguntan se é interesante dígolles que sí. Recoméndochoa ti tamén. 10
Irene Martínez Cortegoso 2017 Este libro foi moi interesante e divertido gustoume moito por iso, doulle un 10. Trata duns nenos que fan todo o posible para...En fin, xa non conto mais que volo estropeo. 10
Carla Vila Alonso 2017 Gustoume moito, é moi divertido.Eu encontreime moitas sorpresas alucinates. Trata sobre  dúas clases que teñen que facer unhas probas de todas as materias para poder ir...  RECOMÉNDOo !!! 10
Santiago Iglesias Ribeiro 2018 O que máis me gustou foron os personaxes. 8
Uxía Bautista Estévez 6º A 2018 É divertido, pero precisa un pouco de intriga e suspense, para o meu gusto, claro.Recoméndovolo a todos 8
Laura Freire Viñas 6º A 2018 O libro gustoume moito, é moi divertido. Os de 6ºA son moi graciosos. 10
Santiago Iglesias Ribeiro 2018 É moi divertido, e o elixín porque os personaxes son moi graciosos e divertidos. 7
Lucía Casilla Maceira 6º A 2019 Vai dunha clase que fai unha competición na clase de educación física para ir a Gametrón. A min gústoume moito, e recoméndovolo se vos gustan estes libros. 10
Lucía Costas Díaz 6º A 2019 Este libro non me gustou moito, ás veces ía demasiado explicado e ás veces explicado moi por riba. Recoméndoo á xente que lles gustan os libros arrevesados. 5
Héctor Rocha Navarro 6º B 2019 O libro gustoume porque teñen que facer unhas probas de todas as materias ós do 6ºA e 6ºB que non se levan moi ben, pois teñen que facer unhas probas para gañar un premio. O libro é moi interesante. Recoméndoo!!!!!! 10
Zaira Carrera Pérez 6º A 2019 Este libro gustoume bastante. Ademais, como estou en 6º, imaxinei como sería se os protagonistas fósemos os de 6ºA e 6ºB. 8
Zahara Novas Damas 2019 Está xenial!!!É un libro cheo de emoción e sobre todo...puras travesuras. As personaxes principais e secundarias fanse moitas xogarretas. É coma estar nunha guerra pero... non é tan bruta ao contrario, é amistosa! Resumirei algo a historia: O novo profesor "El Pixel" así o chaman, sabe que pouca graza faille aos nenos a semana cultural, con todas esas cousas sobre cultura e...O caso é que 6º B sempre se leva o mellor!Pero ésta semana ten a opción de ir a unha exposición de vídeoxogos e .... Anímovos a lelo!! 9