JUNIE B. JONES TIENE UN HERMANO MONÍSIMO

Imaxe da portada do libro AUTOR: Bárbara Park ARGUMENTO:

Junie B. Jones é... a nena máis superdivertida!. Os bebés cheiran a KK!. Iso é o que pensa Junie B. Jones o enterarse de que vai  ter unha irmá. Pero cando a súa avoa lle di que o bebé é « o máis mono» que  viu na súa vida, Junie B. troca  de idea. Unha  irmá mona, coma as da selva!. Xa verás cando o conte na clase...

EDITORIAL: Bruño
Nº PÁXINAS: 96

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Nerea Martínez Míguez 6º B 2019 A min gustoume moito este libro. Trata sobre unha nena pequena chamada Junie B. Jones. A súa letra favorita era a b. A súa nai ía ter un bebé. Dixéronlle que o bebé nacería á hora de cear. A nena díxolle á súa mestra que ía ter un irmán. A mestra felicitouna. Junie dicía que o seu irmán era un mono pero ninguén a cría. Junie B cando explicaba que o seu irmán era un mono non se refería a un mono de animal senón a un neno moi guapo. Recoméndovolo porque é moi gracioso. 10
Zahara Damas Novas 2019 Este libro é moi divertido e gracioso, outra estupenda historia acompañada xunto Junien B. Esta vez Junien B. ten un irmán, a súa familia dille que é moi mono. Junien tomouno moi en serio, e dillo as súas amigas. Xuntas teñen que investigar ao irmán de Junien e descubrir se en realidade é un mono...Pareceume unha historia incríbel e divertidísima! 10