LA INCREIBLE HISTORIA DE LA ABUELA GÁNSTER

Portada do libro AUTOR: David Walliams
ARGUMENTO:

Queres coñecer a avoa de Ben?. Parece unha avoa normal co seu pelo branco,  a súa dentamia postiza, a súa roupa de señora maior...pero en realidade é unha ladrona de xoias perseguida a nivel internacional...



EDITORIAL: Montena
Nº PÁXINAS: 304

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Laura Molinos 2014 É un libro moi gracioso, gustoume, rinme moito 10
Marta Rodríguez Pérez 2014 O libro gustoume moito porque é moi gracioso. O que menos me gustou foi o final, prefería que acabara doutra maneira, pero non o vou contar, terás que lelo. 9
Pablo González Vidal 2015 Gustoume moito e rinme sen parar. Recoméndoo. 10
Laura Arias 2015 Gustoume moito.O recomendo para nenos maiores de 8 anos. 10
Pablo Losada 2016 É fantástico. Incrible que unha avoa sexa unha ladrona. 9
Noemí Quintero Sánchez 2016 É moi divertido sobre todo porque a avoa é unha ladrona a nivel internacional e que xunto a Ben embarca nunha aventura inesquecible. Recoméndoo! 10
Barbara Leticia Cunha Pereira da Sousa 2016 É super diverdido porque non é unha avoa calquera. Se queredes coñecer a fantástica sorpresa que vos conta, lede este libro. 9
Antía Rodríguez Salomón 2016 O libro gustoume moito porque é moi bonito e gracioso. Gustoume cando a avoa ao final acepta roubar as xoias da coroa cunha condición, pero non a vou contar, terás que descubrila ti. 10
Carla Otero González 2016 Gustoume moito. Trata dunha avoa e o seu neto Ben, que queren roubar unha coroa. Recoméndoo. É moi divertido! 10
José Carlos Rodríguez Tomé 2017 Trata dunha avoa que atraca bancos. O seu neto pensa que é unha avoa normal, os seus pais tamén. Pero a avoa leva ao seu neto a un atraco. Que pasará?. 8
Óscar Fernández Sanjuán 5º A 2018 Gustoume moito e intrigoume sen parar. Recoméndoo. O único que non me gustou foi o final, pero non o vou contar, teredes que lelo, o resto foi marabilloso. 10
Candela Carballas Salgado 5º A 2018 Este libro trata sobre a avoa de Ben, unha avoa moi excepcional que ten dúas vidas. Ben xunto a súa avoa vivirá unha grande aventura. Recoméndovolo. 10
Noa Vázquez García 5º B 2018 O libro está moi chulo porque é unha avoa que rouba moitas cousas. O neto, ao principio, non o sabe pero cando o descubre vai roubar a coroa da raiña de Inglaterra. 10
Brais Chacón Vila 6º A 2018 Gustoume moito e intrigoume sen parar. Recoméndoo. O único que non me gustou foi o final, pero non o vou contar, teredes que lelo, o resto é moi divertido. 9
Noa Vázquez García 6º B 2018 Este libro encantoume. Xa é a segunda vez que o leo. Hai moitas aventuras. A avoa e o neno,que se chama Ben, son moi graciosos. Nunha parte do libro Ben, o neno, decátase de que a súa avoa é unha ladroa de xoias. Non aparece a idade para lectores, pero estou segura de que vos encantará!!! 10
Ariadna González Rivero 6º B 2019 A min gustoume este libro porque trata dun neno que tiña unha avoa á que consideraba aburrida. O neno percátase de que a avoa era unha ladroa de xoias. O neno quería roubar a coroa da raíña de Inglaterra, pero a avoa non o deixa. Este libro non pon a idade de recomendación, pero vos vai encantar se vos gustan os libros de roubos e de misterio. 8
Noa Costas Senlle 2020 Este libro pareceume divertido e entretido. Trata da avoa de Ben. unha persoa moi excepcional que ten dúas vidas. Xunto co seu neto Ben emprenderá unha aventura moi perigosa. Encantoume este libro. 10