HUÍDA DEL CAMPAMENTO

Portada do libro Huída del campamento AUTOR: R.L. Stine
ARGUMENTO:

Nesta espantosa pesadilla terás ocasión de escoller. A medida que vaias lendo atoparás distintos finais. Ti poderás ser o verdadeiro protagonista desta historia.

 



EDITORIAL: Ediciones B
Nº PÁXINAS: 144

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Manel Quintas Pérez 2014 Gústame porque é un libro especial no que podes acabar triunfando ou acabar decapitado. Boa sorte!!! 7
Iago Pereira Núñez 2014 Este libro gústame moito porque tes que tomar decisións críticas.Tes que elixir o camiño para seguir o conto. 10
Evelyn Celada Barciela 2014 Este libro gustoume máis ca os outros que lin. Dá moito medo e a min matáronme moitas veces nas opcións que escollín. 10
Marta Rodríguez Pérez 2014 O libro gustoume moito porque é entretido, de medo, intriga...Eu recoméndoche ler este libro, e tamén os outros! 10
Rubén Alfonso Pérez Carballas 2014 Este libro é moi bo, aínda que un pouco confuso. Trata, de fuxir dun campamento con ovos azuis, zombis, \"aliens\"... Gustoume moito, estiven catro horas seguidas léndoo. 8
Anxo Alonso Boullosa 2014 Este libro é moi divertido,(queríao toda a clase, pero eu collino.) A verdade gustoume moito, asi que recoméndovolo !! 10
Estefanía Arredondo 2015 É moi entretido e encantoume. 9
Alberto Martínez Cortegoso 2015 O libro é moi chulo e espeluznante no que podes acabar morto ou vivo, depende da páxina á que vaiades. Se acertades a páxina estades vivos, e se non estades mortos. 8
Alejandro Cid Lago 2015 Este libro ten intriga. Gustoume moito e recoméndoo. 8
Gabriel González Romero 2015 Recomendo este libro porque é moi bo e se empezas non podes deixar de lelo . É interesante . O comezo pensas unha cousa e ao final pensas outra . É o mellor porque podes elexir o teus destino . 9
Nicolás Pena Pedrares 2015 É un libro un pouco aburrido, a historia non me acaba de convencer. Non me gusta como comeza. Gústame máis que nada cando morres. 7
Bruno Gándara Gándara 2016 Gustoume moito porque trata dun neno que vai a un campamento, pero os xefes son malos, tratan mal ós que estan alì. É moi divertido. 8
Gabriel González 2016 É divertido, entretido. A min o que máis me gusta é que podes elixir as túas decisións, e que podes ir por moitos camiños con moitos fináis algúns bos e outros malos. 8
Zaira Carrera Pérez 5º A 2017 Gustoume bastante o libro. Tes que ir cambiando de páxina e pásanche un montón de cousas. Hai vinte finais, podes gañar e salvar a vida ou morrer devorada por algo, tendo un accidente nalgún sitio, etc. O libro trata de que estás nun campamento e tes que sobrevivir aos zombis que te poden comer e morrer, ou podes salvarte e vencer. O libro está moi ben. Recoméndovos lelo! 9
Noa Damas Novas 5º A 2017 Gustoume moito. Ten vinte finais e trata de que tes que escapar dun campamento. Nese campamento dánche de comer ovos azuis que os ovos estaban malos. É moi divertido. 8
Diego Lago Ramilo 2019 A min este libro gustoume porque trata dun neno que vai a un campamento e decidiu ir só sen o seu profesor. Pasado un rato cando estaba andando empezou a escoitar ruídos e... Se queres saber máis aventuras lede o libro. Recoméndovolo. 9
Sergio Romero Pereira 6º B 2019 Este libro gustoume bastante, xa polo feito que foi o único libro de "Pesadillas" no que fun quen de conseguir un final bo. O libro é un pouquiño surrealista, pero merece a pena lelo só polas sensacións de meterte na pel do protagonista e elexir entre morrer ou vivir... 5
Daniel Antonio Vila 6º A 2019 Gustoume moito porque sempre lévache a varios finais e só un che salva. Eu á décima seguía morrendo ata a décimoquinta que conseguín salvarme. É moi entretido. Recoméndovolo 8