UN GRANIZADO DE MOSCAS PARA EL CONDE

Imaxe da portada do libro AUTOR: Gerónimo Stilton ARGUMENTO:

Nesta nova entrega do sagaz reporteiro Geronimo Stilton, o rato xornalista vese obrigado a viaxar a Transratonia para rescatar ao seu curmán Trampita, supostamente secuestrado polo conde Ratesch. Pero cando chega a aquel remoto lugar o seu curmán está feliz e convídalles a pasar unha tempada na súa compaña. Geronimo, que sofre fobia ao sangue, pasarao mal neste castelo de vampiros, pero logrará polo menos preparar unha magnífica reportaxe para o seu xornal.


 

 

EDITORIAL: Destino
Nº PÁXINAS: 128

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Daniel Andrés 4º A 2017 É moi divertido. 8
Manuel González Toucedo 6º B 2019 Non o recomendo. É moi repetitivo, a única parte que me gustou é na que mencionaba todo o tempo o sangue. 3
Lois Quintas Pérez 6º B 2019 Non me gustou. Moi longo, aburrido...,non o recomendo. Ten moita intriga, é interesante, pero é un sen sentido. Repito, non o recomendo, pero se o queredes ler, o libro está xunto aos demais libros de Gerónimo Stilton. Dende o meu punto de vista é recomendable lelo a partir dos 8 anos. O libro empeza con Gerónimo Stilton na cama durmindo cando, de súpeto, á madrugada chámao o seu curmán Trampita de lonxe. Estaba berrando, así que cría que estaba secuestrado. Entón Gerónimo e a súa irmá van ir en busca de Trampita... A miña puntuación é un 4 porque non o vexo un libro interesante... 4
Marcos Gil Rodríguez 6º B 2019 Este libro pareceume un libro por un lado divertido, pero ao mesmo tempo un pouco aburrido nalgunhas partes do libro. O protagonista é Gerónimo Stilton acompañado de Tea Stilton Benjamin e Trampita. O libro trata sobre Trastonia, o conde Ratesh e a condesita. Unha familia un tanto peculiar..., dormen boca abaixo, beben sangue e moitas cousas máis. Recoméndovolo!!!!!!!! 7