ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

Imaxe do libro AUTOR: Ledicia Costas
ARGUMENTO:

Román Casas quería ser un gran chef e pedíulle ós seus pais un curso de cociña polo seu décimo aniversario, que coincide co día de defuntos. Es día recibíu un agasallo  moi singular, recibíu un cadaleito coas  instrucións para activar a Escarlatina unha cociñeira falecida no século XIX...
EDITORIAL: Xerais
Nº PÁXINAS: 178

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Evelyn Celada Barciela 2015 O libro tiña partes divertidas, e outras aburridas. O que máis me gustou foi o principio e o final. O personaxe que máis me gustou foi Dodoto, o gato. Animádevos a lelo! 7
Ángel Blanco Campos 2015 O libro gustoume bastante porque é entretido pero hai algunhas partes que non me gustaron moito. O que non me gustou foi unha carreira que aparece no conto, porque era un pouco inxusta. 7
Marta Rodríguez Pérez 2015 O libro pereceume en xeral aburrido pero ás veces divertido. As receitas gustáronme, son orixinais. A miña personaxe favorita é Escarlatina. 7
Manel Quintas Pérez 2015 O libro ten partes divertidas e partes aburridas. O que máis me gustou foron as receitas. O que menos me gustou foi algunha ilustración porque me resultou noxenta, en especial a de Amanito. 7
Soraya González Romero 2015 Encantoume este libro! Recibiu moitos premios e tamén estivo a súa autora no noso colexio. Trata sobre un neno que pasa unhas aventuras incribles coa súa nova amiga, que se chama...Escarlatina! O personaxe que máis me gustou e o avó. A autora díxonos que ía publicar a segunda parte, así que se vos gustou este libro xa sabedes lede a segunda parte! 10
Guillermo Cid 2015 O libro é moi chulo e encántame que teña receitas antes de cada capítulo, tamén, a amizade que teñen o avó e Román e ten debuxos xeniais.Encántame o libro! 9
Alberto Martínez Cortegoso 2015 Para min o libro de Escarlatina pareceume moi divertido e gracioso, a verdade, é que non daba demasiado medo. 10
Álex Alonso 2015 Este libro é moi interesante porque trata sobre unha cociñeira defunta. Recoméndoo aos máis lectores. 9
Estefanía Arredondo Álvarez 2015 Encantoume, é moi divertido. Trata dun neno chamado Román e unha nena chamada Escarlatina.Teñen que facer un prato que lle guste a vivos e mortos.  10
Daniel Toucedo Vila 2015 Gustóume moito porque é divertido e, tamén, gústanme os personaxes,o acento de Lady Horreur etc... Tedes que lelo!!! 9
Erea Cabaleiro López 2015 O libro gustoume moito.Trata sobre un neno que se chama Román e gústalle cociñar.Polo seu aniversario pedíu un curso de cociña. Un día, chegou unha carta negra para revivir a unha nena defunta. 10
Nicolás Pena Pedrares 2015 Gústame, pero costa pronunciar o acento francés dun dos perxonases. É moi moi interesante e divertido. 9
Aroa del Moral Sanmartín 2015 Gustoume moito o libro. Espero ler outros que me gusten tanto coma este. É moi irreal, pero iso o facíao divertido. 8
Gabriel Davila Iglesias 2015 Ten moi bos gráficos e, tamén, debuxos Paréceme un libro con moito maxín e, por iso doulle 10. 10
Gabriel Martínez Fernández 2105 Algunhas partes eran divertidas,como por exemplo cando Román meteu a Dodoto na lavadora.Outras partes eran aburridas.Os debuxos gustáronme moito. 7
Anxo Alonso Boullosa 2015 O libro pareceume bastante bo. Había partes do libro que eran aburridas e outras de acción. A mín gustoume cando Román meteu a Dodoto ( o seu gato ) na lavadora. A parte que máis me gustou foi a carreira. O personaxe que máis me gustou foi o avó. =) 7
Antía Gándara Gándara 2015 Gustoume bastante pero non me acabou de comvencer. A miña parte favorita é cando Román mete ao gato na lavadora. O libro en xeral é bastante divertido, porque nunca sabes que vai pasar. O meu personaxe favorito é Escarlatina e tamén Román, porque é divertido e sempre fai algunha trasnada. 8
Rubén Alfonso Pérez Carballas 2015 O libro está bastante ben. As receitas gustáronme moito. A mellor parte para min é cando o avó lle ensinou o avión caza a Román. O meu personaxe favorito é o can que leva un gorro vermello. 8
Roberto Tobar Buján 2015 A min gustoume o principio do libro por que Román facía moitas cousas malas e sempre o pillaban. E ó final non me gustou porque hai moitas receitas. 5
Jesús Fernández Mejuto 2015 O libro pareceume bonito porque Román meteu a Dodoto na lavadora, iso deume moita graza.O meu personaxe favorito é o avó.Animádevos a lelo. 9
Iago Pereira Núñez 2015 A min gústame moito porque ao principio de cada capítulo hai unha receita.A miña parte favorita é cando Román mete a Dodoto na lavadora e a súa nai lle bota a bronca. 8
Pedro González Fernández 2015 Gustoume porque é unha historia de aventuras e é bastante divertido. Trata dun neno que se fai amigo dunha cociñeira morta e pasan moitas aventuras e fan moitas receitas. 7
Hugo Ramírez Senlle 2015 O libro gustoume, algunhas partes son divertidas, outras máis aburridas, pero en xeral o libro gustoume.O personaxe que máis me gustou foi Román. 8
Angela Romero Pereira 2015 A min gustoume este libro porque pareceume moi entretido, divertido e gracioso. 10
Noel Santiago Estévez 2015 Foi un libro moi divertido, gustoume moito cando Román Casas meteu ao seu gato Dodoto na lavadora. A súa nai enfádase moitísimo.Tamén, gustoume cando o seu avó e el fan unha carreira contra o xefe dos defuntos, ó que todos os defuntos odian. 8
Hugo González Vidal 2017 O libro está ben. Ten partes divertidas e algunhas aburridas. Aínda así, gustoume. 8
Iker Carrera Pérez 2017 Aínda estamos a lelo na clase. Por agora gústame, pero aínda non o rematamos, por iso non lle vou a dar moita nota. 7
Alejandro Cid Lago 2017 Estamos a ler este libro na c lase. Acabamos de empezalo, de momento gústame. 7
Pablo Losada 2017 Este libro vai dun neno que nace o día dos defuntos e lle regalan unha cociñeira do inframundo. O neno quere resucitala e fai unha parvada, entrar no inframundo para facer unha comida que lle guste aos vivos e aos mortos. 8
Laura Viñas Freire 5º A 2018 O libro é moi gracioso. A Román, un neno de 10 anos, un día lle chegou un regalo e era unha cociñeira e un curso de cociña. Román tiña que facer unha comida que lle guste aos mortos e aos vivos. Tedes que lelo. 9
Noa Damas Novas 5º A 2018 Gustoume porque van ao mundo dos mortos e porque Román e Escarlatina son cociñeiros. Recoméndoo a nenos e nenas de 10 anos. 7
Mateo Alonso Álvarez 5º A 2018 Gustoume porque van ao inframundo e teñen que facer unha receita especial. Conseguirano? 5
Daniel Antonio Vila 5º A 2018 A parte que máis me gustou é cando o avó de Román gañou a carreira contra Amanito e despois axudou a Román coa receita. Ao final Román deulles aos dous Mediomortos desa comida e como lles gustou Escarlatina resucitou. 5
Lucía Casilla Maceira 5º A 2018 Gústoume moito xa que o limos en clase e un compañeiro chamado Óscar facía moi ben as expresións.Ó principio gústoume moito e ó final tamén, pero houbo partes que non me gustaron moito. 10
Uxía Bautista Estévez 5º A 2018 Gustoume moito, porque é moi tetrico, do meu estilo. Román vai ter unha superaventura polo inframundo. 10
Lois Quintas Pérez 5º B 2018 Non me gustou, fáiseme moi aburrido. A miña parte favorita é cando meten ao gato na lavadora, pero non volo recomendo. Eu o recoméndoo a partir dos 8 anos. 2
Efrén González Lorenzo 5º B 2018 Non vale para nada, é moi aburrido. Hai unha parte na que mete o gato na lavadora. Eu adoro os gatos e quéro queixarme desta parte. Non volo recomendo. 1
Candela González Rubio 5º B 2018  A min non me gustou nada. Fáiseme moi aburrido. A parte que odio é cando meten ao gato na lavadora. Non volo recomendo. 1
Yasir Nahil Elhatifi 6º B 2018 Este libro encantoume. Va de Roman, un neno que quería un libro de cociña no seu aniversario. Os seus pais piden un libro raro de cociña en internet, pero ao final non era o que o parecía. 9
Cloé Gallié Da Silva 2019 Gústame moito, sobre todo as receitas. E cando meten o gato na lavadora. 9
Lucas Fernández Vila 2019 Non vale para nada. É moi aburrido, a parte que me pareceu moi mal foi cando meteron ao gato na lavadora, porque me gustan moito os gatos. Non volo recomendo. 3
Nuria Santiago Estévez 2019 Foi un libro moi entretido. O libro é de aventuras e a min chíflanme as aventuras. Así que a ti se te gustan as aventuras recoméndocho. 8
Alba Salgueiriño Bacelo 2019 Encantoume este conto. Foi moi diverdido e interesante e inspiroume para probar algunhas receitas de cociña. Se eres de aventuras recoméndocho. 10
Diego Lago Ramilo 2019 Non vos recomendo este libro, é moi aburrido para o meu gusto, tamén meten a un gato na lavadora e a mín gústanme os gatos, en xeral non me gustou. 3
Natalia Rodríguez López 2019 A min gustoume moito o libro de Escarlatina porque é moi divertido, interesante e, tamén, emocionante. Aprendes moitas receitas moi ricas.E moi entretido e gracioso. Ao final é un pouco tristre pero todo sae ben. Por iso, gustoume tanto! 10
Xabier Bautista Estévez 2019 A miña opinión persoal é que me gustou moito porque había receitas que podíamos facer nós na casa,en individual ou colectivo.Tamén, había cousas moi espeluznantes, pero o que máis me gustou con diferencia do libro foi cando Escarlatina e mais Román foron felices. En definitiva gustoume moitísimo! 10
Icía Martínez Marcote 2019 A min este libro interesame porque Román e Escarlatina son unhas persoas un tanto peculiares. Tamén, porque as receitas de Román son moi creativas. Gústame cando queda un capítulo por rematar, intrígame moito o que pode pasar. Este libro é moi bonito. Recoméndoo 10
Breixo Vila Alonso 2019 A min gustoume moito o libro de Escarlatina porque me pareceu divertido e de intriga.Tamén,encantoume porque aprendías moitas receitas de cociña e a min as cousas de cociña gustanme moito.¡Recomendo a todos o libro de Escarlatina! 10
Feixiang Lin 2019 A min gustoume o libro de Escarlatina xa que se aprenden moitas receitas de cociña orixinais. Tamén, parecéronme moi interesantes as personaxes do libro como Laidy Horreu, Doroto,etc. Encantoume! 8
Vega Marina González Toucedo 2019 A miña opinión sobre o libro de "Escarlatina" é moi boa: É divertido,diferente e aprendín moitas receitas novas! Unha das receitas que parecéronme máis interesantes foi a de"Caracois de chocolate". Que rica! Recomendo este libro a todos! 9
Hugo Fernández Álvarez 2019 A min gustoume `Escarlatina a cociñeira defunta´ porque era de temática Samaín e, xustamente, iamos celebrar a festa. Tamén, porque a historia ten un final feliz. O que non me gustou foi que só tiñan tres días para estar co seu avó.Eu doulle un 7 xa que é moi interesante.Recoméndoo!!! 7
Doha Ennaciri Bouhaj 2019 A min gustoume o libro de "Escarlatina a cociñeira defunta". È moi divertido ten unha parte favorita è cando Sauro , o dinosaurio apareceu e tamén cando colleu o coche de Amanito, o Hummer e tirouno ao prepicipio .Penso volver coller o libro de Escarlatina e lelo outra vez. Que emoción teño! E tamén ensinareillo aos meus irmáns. ENCANTOUME!!!!!! 10
Aldara Iglesias Pereiro 2019 O libro de "Escarlatina, a cociñeira defunta" encantoume, é moi emocionante e interesante. A nota que lle dou é un dez! É moi divertido e aprendes moitas receitas! Recomendo este libro a todos os nenos e nenas do colexio! 10
Carlos Morgadas Domínguez 2019 O libro gustoume moito eu esperaba que houbera Escarlatina 2 pero non o hai gustoume porque é unha historia moi divertida, entretida e chea de aventuras ... Tamén, é facil de ler! Recomendo este libro a todos! 10
Zahara Damas Novas 2019 Eu, sinceiramente, creo que foi un libro moi divertido;ten unha moi boa historia. Encantoume! Ao final é un pouco triste xa que Román, o protagonista, sepárase do seu avó. Polo resto gustoume moito! O libro pareceume ben, tamén polas receitas. Foi bastante gracioso. Eu recoméndoo! A escritora, Ledicia Costas, sacou o segundo libro, "Esmeraldina", que ganas de lelo!!! Se non o liches anímate, está na biblioteca!!!! 10
Paulo Ces Domínguez 2019 A mín o libro de "Escarlatina, a cociñeira defunta" encantoume. Por que? Porque hai unha morea de : receitas, aventuras... é moi interesante! Chegas a sentirte o protagonista de historia! Eu recoméndoo para ler en familia! 9
Valeria Areal Aira 2019 Gustoume moito o libro de "Escarlatina a cociñeira defunta".Foi moi divertido e interesante.O máis curioso foron as receitas como "Piruletas de cocholate".Gustoume moito o acento francés de Lady Horreu.Encantoume este libro! 8
Candela Reche Barciela 2019 A miña opinión sobre o libro de "Escarlatina, a cociñeira defunta" é: ao principio pensei que era un pouco aburrido e sen emocións pero, logo, sucederon moitas cousas cada vez máis e máis emocionantes... Ao final encantoume! É un libro moi entretido! 9
Noa Seijo Barciela 2019 Gustoume moito este libro porque é de misterio e a min gustanme moito os libros de misterio. Tamén, é moi gracioso e divertido .Recoméndoo moito! Animádevos a lelo!Está xenial! 9
Xabi Carballeira Calvo 2019 A min o libro de "Escarlatina a cociñeira defunta" gustoume bastante, é un libro moi orixinal e interesante. Hai moitas escenas do libro nas que hai acción, intriga e algo de drama e fai que o libro sexa fabuloso. Se tivera que darlle unha nota do un ao dez daríalle un nove, porque hai algunhos aspectos a mellorar pero nada ni ninguén é perfecto. Eu recoméndoo, é un gran libro! 9
Sara Viña Pena 2019 O libro encantoume,non lle poño nin unha pega,é divertido e gracioso. O que máis me gustou foi as receitas que hai ao principio de cada capítulo. Está xenial,aínda que te faga recordar aos seres queridos que xa non están. Recoméndoo a todos e a todas! 10
Joel Taibo González 2019 Encantoume este libro polas súas receitas e,tamén,é moi gracioso! Gustoume cando Amanito e os funguiños caeron pola néboa e gañaron a carreira Román e o seu avó.Recoméndoo a todo o colexio porque creo que lle gustará lelo xa que é moi divertido.Para min a parte máis graciosa foi cando Román se sorprendeu ao devolverlle a vida a Escarlatina e,aí , comeza esta divertida aventura. 10
Pedro Gilsánz Estévez 2019 O libro gustoume porque os libros deste tipo gústanme moito. "A cociñeira Escarlatina" tiña unha araña no nariz que falaba francés e faciame moita graza! O que máis me gusta do libro foi cando fixeron a carreira. Amanito contra o avó de Román. Este libro encantoume! 10
Cloé Gallié Dasilva 2019 Gustoume, pero non lle vou dar o 10 porque é moi aburrido. Doulle un 8 porque as ilustracións son moi bonitas e trae moitas receitas. O recomendo se che gusta a cociña. 8
Xabier Fernández Ledo 2020 Gustoume moito, pero doulle un 9 porque foi un pouco aburrido para min. 9