WONDER. EL JUEGO DE CRISTOPHER

Imaxe da portada do libro AUTOR: R.J. Palacio
ARGUMENTO:


Christopher foi o mellor amigo se August, sempre o seu carón, pero dende que mudou de casa a verdadeira amizade ponse a proba...
EDITORIAL: Nube de Tinta
Nº PÁXINAS: 128

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Alba Alonso Lourido 2017 Gustoume moito. Christopher é o mellor amigo de August dende que eran pequenos. É unha historia moi bonita. Recoméndoo. 10
Xabier Pérez Sousa 6º B 2019 Este libro trata sobe un neno chamado Christopher, que ten un amigo con moitos problemas. Ese neno chámase Auggie e non podía respirar nin tragar saliva, que son cousas que calquera neno pode facer case sen darse conta. A Christopher ,ao principio, dáballe un pouco de repelús, pero non era o único, porque cando iban os dous xuntos ao parque os outros nenos tamén se asustaban. Despois duns anos, Christopher tivo que mudarse a outro sitio un pouco lonxe, entón tiveron que verse só polo ordenador. Chegado un tempo, cando Christopher estaba en 4º de primaria, sempre se lle esquecía algo: que se era o trombón; que se era o traballo de ciencias... entón cada vez se vían menos porque Christopher tiña sempre moitas cousas que facer. Un día tamén se lle esqueceran os pantalóns na casa, entón a súa nai foi buscar os pantalóns á casa e nesa viaxe á casa ten un accidente e a súa nai rompe o fémur. E non vos vou contar máis porque se non cóntovos o libro enteiro. É un moi bo libro, por iso o recomendo cun nove!!!!!! 9
Diego Fernández Rodríguez 6º A 2019 Un libro moi bonito .... Un neno chamado Wonder cando vai ao colexio os nenos insúltanno. Recoméndovolo ....Un libro xenial .... 8
Sergio Romero Pereira 6º B 2019 É moi bo libro. Trata dun neno chamado Cristopher, que cando era pequeno era moi amigo de Auggie. Víanse case a diario xunto dous nenos chamados Zack e Alex pero, Zack e Alex empezaron cada vez a quedar menos con Auggie e só quedaba Cristopher. Pero Auggie mudouse para outra cidade e víanse dúas veces ao mes pero falábanse por "Discord". Cando Auggie comezou a ir ao colexio e polos problemas que tiña non podían falarse. Un día, a nai de Cristopher rompeu un fémur pero non vos vou contar máis que senón cóntovos o libro... Doulle un nove porque é moi recomendable!!!!!
8
Pablo Bacelo Rodríguez 6º A 2019 Este libro é moi interesante e divertido. O malo é que para entender este libro tes que ler antes A lección de August. É un de amizade, diversión e as veces un pouco triste. Pero, recoméndovolo a todos os nenos que o queiran ler. 9
Yasir Nahil Elhatifi 6º B 2019 Este libro trata sobre un rapaz chamado Christopher , o mellor amigo de Auggie. El leva sendo o seu mellor amigo dende que era un bebé. Vivían un ao lado do outro, pero todo cambiou un pouco cando Christopher se mudou de casa. El e Auggie foron de viaxe e fixeron amigos por todo o país, pero nunca quedaban con eles .Eles non quedaban moito. Un día entérase que Daisy (o can de Auggie ) morre, pero aínda así non lle dá o pésame. Despois enfádase coa súa nai e esta ten un accidente no que case morre, pero sobrevive co fémur crebado. Un día ensaiando en música, os seus compañeiros van tocar "Seven Nation Army" nun grupo aparte, que lle ofrece apuntarse, pero tiña que deixar ao seu compañeiro John. Entón aprende que por os bos amigos merece facer un esforzo extra. Gustoume moito o libro e por iso lle poño un 9!!!! 9