DIARIO DE GREG 6: ¡ATRAPADOS EN LA NIEVE!

Portada do libro  AUTOR: Jeff Kinney
ARGUMENTO:

Greg Heffley ten un gran problema. Na escola houbo danos provocados por alguén e el é o principal sospeitoso. Unha tolería!. É inocente,  ou algo parecido. Cando as autoridades están a piques de coller ao sospeitoso...
 
EDITORIAL: Molino
Nº PÁXINAS: 224

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Ánxo Expósito Cortiñas 2013 Está moi divertido porque Greg vai facer cousas para gañar cartos para a viaxe de fin de curso. Primeiro vai  vender bulbos e deposi vai quitar a neve das entradas das casas. Nunha ocasión empregou un aspersor para quitar a neve e depois conxelouse toda a entrada.
Eu recomendo este libro, ten moitas aventuras.
10
Anxo Vidal Blanco 2014 É un libro moi divertido e gracioso. Gustoume moito 9
Nicolás Pena Pedrares 2014 Gustoume pero ten moitas páxinas. 9
Gabriel Davila Iglesias 2016 Paréceme un libro moi bo. Ten bos gráficos. O diario de Greg trata sobre un neno chamado Greg que se esforza moito para ser amigo de todos no instituto.Ao final consegue un mellor amigo. Este libro é fantástico!!!!!!! 8
Antonio Rodríguez Vila 2016 Gustoume moito, é divertido e moi fácil de ler. A parte que máis me gustou foi cando Greg fixo un xornal co seu mellor amigo Rowley. Anímovos a lelo. 10
Pablo Bacelo Rodríguez 2016 É un libro moi divertido. A parte que máis me gustou foi cando colocaron a árbore de Nadal e tiveron que desmontalo por culpa do seu irmán pequeno. 9
Hugo Gonzàlez Vidal 2016 É moi divertido, Greg quere recaudar cartos para a excursión de fin de curso. Encantoume. 10
Pablo Gallardo Gallardo 2016 É un libro moi divertido que conta a vida de Greg. Está atrapado na súa casa debida a unha tormenta de neve. Ademais apolicía búscao por facer pintadas na parede do colexio. Recomendo este libro!. 10
Javier Morgadas Domínguez 2016 O libro gustoume porque Greg ten que gañar dinero para a excursión de fin de curso. O libro encantoume. Animo a que o leades!. 10
Manuel González Toucedo 5º B 2017 É moi entretido, ten bastantes páxinas polo que é moito máis interesante. Recoméndoo para todo omundo en xeral pero, sobre todo para os grandes lectores, e incluso para os mestres. Miña nai leuno e gustoulle moito. É moi recomendable. De momemnto ninguén lle deu unha puntuación de 6 paar abaixo. Eu doulle un 10.                10
Héctor Rocha Navarro 5º B 2017 A maioría dos libros de Greg gústanme moito, pero este foi o máis aburrido. 5
Mateo Alonso Álvarez 6º A 2018 Este libro é moi divertido, pois un día foise a luz e cando foron comprobar ó panel de electricidade, só estaba acceso o do seu irmán, Manny. 10
Yeray Moure Herrero 2018 Gústame moito porque é moi divertido. Volo recomendo porque conta a historia dun neno que lle encantan os videoxogos e se lle inunda a casa de neve. Non pode ir ao colexio e lle dan regalos baratos que non lle serven para nada. 9
Dániel Roldós Vidal 2018 Este libro pareceume gracioso, volo recomendo. 8
Haile Aparicio Rodríguez 2018 É moi gracioso e divertido, volo recomendo moito, vale a pena lelo. 7
Manuel González Toucedo 6º B 2019 É un libro interesante, e ademais o que máis me gustou foi cando Greg fixo un xornal co seu bo amigo Rowley... En calquera caso ten moitas partes interesantes. Recoméndoo. 10
Noa Vázquez García 6º B 2019 Este libro encantoume. As cousas que lle pasan a este rapaz non son normais!!! A Greg ocórrenlle moitas cousas malas no Nadal; preocúpalle que Papá Noel mirase todo o que el facía porque non se porta moi ben. Tamén lle preocupa que non lle trouxera agasallos polo seu comportamento. O libro está recomendado para os nenos e nenas maiores de 8 anos. Espero que vos guste moito. tanto coma mín. 10
Brais Toucedo Vila 2019 Encantoume este libro, porque está moi ben. Sen embargo a historia non segue unha liña, porque as veces cambia de tema rapidamente.O que si me gustou foi o desenlace xa que se mete en moitos problemas. Volo recoméndoo 10
Ariadna González Rivero 6º B 2019 A min gustoume moito este libro. A min gústame o tipo de letra que ten o libros, os debuxos... Paréceme que Greg se cree que é guapo e aos demais fainos feos nos debuxos... Que boa idea tivo Greg de facer o xornal do colexio. No Nadal tiveron que sacar a árbore porque o irmán tiraba con todo... Eu recoméndovolo!!!! É un pouco longo, pero divertido. 7
Efrén González Lorenzo 6º B 2019 Estes libros nunca me cansan. Son divertidísimos! Nesta ocasión Greg meterase en moitos problemas (que novidade...) terá que demostrar a súa inocencia, limpar as entradas das casas... Recomendovolo moito! 9
Anxo Martínez Veiga 6º B 2019 Hai moita neve no pobo de Greg e quere facer boas accións para gañar cartos. Eu paseino moi ben lendo este libro, non vos ides aburrir. Dende logo que volo recomendo!!! 9
Candela Carballas Salgado 6º A 2019 Algunha vez soñastedes con ter en invierno con neve pois... despois de ter unha nevada tan descomunal como a que tivo que soportar Greg nunca maís o desearedes.O libro e moi divertido e xenial. Vale a pena leelo. 8
Uxía Bautista Estévez 6º A 2019 Greg, o protagonista ten un problema. No colexio sucederon feitos malvados e el é o principal sospeitoso. É inocente, ou algo parecido. Lee este libro e descubrirás o que acontece. Espero que che guste. 8
Irea Villar Vila 2019 Gustoume de feito déronme ganas de ir a neve e xogar un montón. O libro esta guai porque é sobre a neve e a neve encántame. 7
Eros Oya Almeida 2019 Gustoume moito, pero non me gustou que primeiro falan dun tema e logo de outro 7