DIARIO DE GREG 3: ¡ESTO ES EL COLMO!

Imaxe do libro AUTOR: Jeff Kinney
ARGUMENTO:

Sexamos realistas: Greg Heffley nunca vai deixar de ser un pringao e alguén debería dicirllo ó seu pai. resulta que Frank Heffey cre que o seu fillo pode cambiar. Para endurecelo , apunta a Greg a tiodo tipo de deportes de competición, que para Greg  está chupado. Pero cando ameaza a Greg con envialo a unha academia militar, Greg decátase que terá que poñerse as pilas...
 
EDITORIAL: Molino
Nº PÁXINAS: 218

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO  OPINA VALORACIÓN
Paola Andrea Martinez Paredes 2012 Estivo xenial, lin este libro nun día, esta coleción está xenial, e o recomendo xa que a Greg pásanlle moitísimas cousas, e ademáis, esas cousas son divertidas. 10
Angel González Díez 2012 É MOI DIVERTIDO!!!!!!!!!!trata sobre Greg que é un neno ó que lle pasan moitas cousas. Está escrita en un tono moi inxeñoso. 9
Dani Arias 2012 O libro é moi moi moi divertido!!!!! A Greg pásanlle moitas cousas moi graciosas. É moi desgraciado e cos seus irmáns non pode mais. Recomendo esta colección. 10
Alba Campo Fernández 2013 Este mes lin tres libros, pero entre eles destacou \"El diario de Greg 3\" levo 2 meses lendo os diarios de Greg e ata agora estanme gustando todos. Son moi emocionantes. 9
Alba Rocha Navarro 2013 O diario de Greg ten moitas travesuras. É interesante e divertido. Eu o lin e recoméndoo. 8
Alex Alonso Álvarez 2014 Gustoume demasiado e  recoméndoo aos máis lectores. 9
Martín Díez Bouzas 2015 Recomendoo. É o moi divertido. A Greg pásanlle moitas cousas divertidas. O autor expresase moi ben. 10
Hugo Gonzàlez Vidal 2016 Pareceume moi divertido. A Greg pásanlle cousas graciosas e ao mesmo tempo algunhas desgracias. É moi entretido. Recoméndoo, encantoume. 10
Pablo Gallardo Gallardo 2016 Este libro gustoume moito. Era moi divertido, sobre todo as bandas deseñadas. Anímovos a que o leades. 10
José Carlos Rodríguez Tomé 2016 Este libro é moi divertido. Trata dos propósitos de Aninovo, e como Greg é unha das mellores persoas do mundo vai intentar axudar aos demais. Consiguerao? Recoméndovos que o leades. 10
Paulo Pérez Fortes 2016 Nesta aventura a Greg pásanlle cousas extranas que el non quere que lle pase. Un día ten que levar as bragas de Wonder Woman. O seu irmán Manny colle unha manta dos regalos que lle van dar a outra familia e Greg dille que non a pode ter e Manny tíraa a unha árbore. Greg non ten forza para subir e se lle baixa o pantalón. Encantoume este libro e espero que a vós tamén vos guste. 9
Javier Morgadas Domínguez 2017 É un libro xenial e moi divertido e gracioso. A miña parte favorita é cando pensa ser famoso cunha historia que inventa. 10
Candela Carballas Salgado 6º A 2018 Desde sempre Gref non foi unha persoa moi afortunada pero esta vez é a gota que colmou o vaso.Esta é unha das aventuras máis divertidas é entretidas.Merece a pena leelo. 8
Anxo Martínez Veiga 6º B 2019 Eu escollín este libro para ler porque o noventa por cento do tempo síntome como Greg. Neste libro lín primeiro a contraportada e gustoume bastante. Pásanlle cousas como que un día tivo que levar as bragas de Wonder Woman. A min gustoume todo en xeral, aínda que me decepcionou un pouco porque é bastante repetitivo, pode ser tamén porque lín os doce e entón xa estou acostumado ás súas historias e fánseme repetitivos, pero todos están moi ben. O meu favorito é o número 7, pero comento este porque é o último que lin debido a que non se atopan en ningunha tenda e tiveno que coller na biblioteca. Puntúoo cun sete porque os teño lido mellores, pero non me desgusta, aínda que o recomendo porque non é nada, pero nada malo, aínda que se so podedes mercar, eu recoméndovos o número sete. A mellor idade son os dez anos máis ou menos. 7
Óscar Fernández Sanjuán 6º A 2019 Este libro é moi divertido.Gustoume moito debido a que é entretido e Greg vive moitas aventuras como..,mellor non vos chafo. Recoméndovolo. 9
Hugo Villar Vila 2019 O recomendo, é moi divertido por as cousas que lle pasan e tamén... Mellor lédeo vos 8
Héctor Rocha Navarro 6º B 2019 Este libro do "Diario De Greg" gustoume moito. Fíxome moita gracia! Por exemplo, gustoume a parte na que a nai se apuntou ao ximnasio, e díxolle ao pai que lle sacara unha foto coa roupa deportiva para ver o cambio que daba despois de ir ao ximnasio. Cando rematou o día, a nai díxolle que non volvería ao ximnasio porque non lle gustara. O pai colleu a foto e fixo unha copia a aquela foto e pegounas no refrixerador e cando apareceu a nai, o pai ría moitísimo, pero á nai non lle fixo moita gracia... É a parte que máis me gustou do libro. Recoméndovolo porque as risas están aseguradas!!!!! 8
Daniel Roldós Vidal 2019 Este libro é moi divertido, gracioso e interesante. Volo recomendo. 7
Brais Toucedo Vila 2019 Un libro moi divertido, toda esta colección está moi ben. Recoméndovolo moitisimo, é moi gracioso para os ratos libres. 9
Noa Seijo Barciela 2019 A min gustoume moito este libro, é moi divertido e gracioso, o conta moi ben, trata sobre Greg que lle pasan unhas cousas moi graciosas e non moi boas para el ,recomendoo moito, tedes que lelo xa !!!!! 9