COMPRA HASTA CAER MUERTO

Portada do libro Compra hasta acer muerto AUTOR: R.L. Stine
ARGUMENTO:

Nesta espantosa pesadilla terás ocasión de escoller. A medida que vaias lendo atoparás distintos finais. Ti poderás ser o verdadeiro protagonista desta historia.

 



EDITORIAL: Ediciones B
Nº PÁXINAS: 144

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Jesús Fernández Mejuto 2014 A min gústame porque é de intriga e tamén de medo.Trata duns nenos que van a un comercio e quedan encerrados para sempre e ... Moita sorte co camiño que elixas. 9
Pedro González Fernández 2014 A min paréceme un libro moi interesante. Acabas de lelo e queres volvelo ler. Hai vinte finais distintos, en dezaoito morres e en dous sálvaste. É xenial !!! 8
Soraya González Romero 2014 Coidado! A familia de plástico pega moito e o vampiro co seu \"can\" aterroriza. As gárgolas non son moi simpáticas, así que non as enfades. Podes levarte moitas compras pero sempre recordarás a túa aventura! 9
Alberto Martínez Cortegoso 2014 O libro encantoume, dá bastante medo e parece que estás alí, dentro do libro. 10
Mateo Alonso Álvarez 2014 Gústame moito porque ten sete capítulos...e dá medo 10
Erea Cabaleiro López 2015 Gustoume porque cando paras de ler, quédaste coa intriga. Este libro é moi interesante e tes que elixir a túa aventura. Collédeo xa veredes! 9
Daniel Toucedo Vila 2015 A min gustoume moito,ten a letra bastante grande e é de intriga. Ó acabar xa queres volver a lelo.Tedes que lelo!!! 8
Martín Díez Bouzas 2016 A min gustoume bastante como para darlle a mellor nota. Tes que encontrar obxectos antes da media noite nunha tenda, pero pola noite aparecen monstros. Hai distintas plantas ata a novena. 10
Alejandro Cid Lago 2016 Este é un libro moi extravagante e curioso; todos os libros de pesadillas son moi interesantes. Encantoume. 9
Raquel Lorenzo Pereiro 2016 Gustoume moitísimo. Este é o primeiro libro que leo de pesadillas, e a verdade podería dicir que é o mellor libro que lin polo momento neste curso! Trata de que a nosa compañeira Julie e máis nós, imos pasar toda a noite no traballo do pai de Regie, My friends. Que pasara? Anímovos a lelo. 10
Bruno Gándara Gándara 2017 Este libro gustoume moito. Trata sobre unha tenda que está maldita e tres nenos entran dicindo que non o está, pero cando suben ao segundo andar descobren un  mosntro. 7
Juán Gabriel González Romero 2017 Este libro gustoume porque coma nos outros libros de PESADILLAS, podes elixír a túa historia. O libro conta como uns nenos van a un centro comercial. Alí teñen algúns problemos con monstros e outros seres. Recomendo  moito este libro. 9
Anxo Vidal 2017 É un dos mellores libros de Pesadillas que lin. É difícil atinar co destino axeitado. Recoméndoo 8
Lucía Casilla Maceira 5º A 2017 Este libro gustoume porque unha nena faiche unha aposta de entrar no bazar Mayfield's a pasar alí a noite. Pero o que pasa é que á medianoite empezan a saír monstros e hai terremotos. Recoméndoo aos que lles gustan os libros de Pesadillas 9
Pablo Bacelo Rodríguez 5º A 2017 É un libro moi curioso pero un tanto enredado. A miña escea favorita é cando o home lobo segue asustando aos nenos. Recoméndoo a todos. 8
Yasir Nahil Elhatifi 5º B 2018 Para min foi un dos mellores libros de pesadelos porque podes acabar morto ou sobrevivir. O recomendo moito. 10
Marco Martínez Marcote 2018 Gustoume este libro porque che deixa elixir moitos camiños na súa historia. 7
Xabier Fernández Ledo 2019 Gustoume porque trata de tres nenos que apostan algo.Tes que elixir a onde tes que ir para non acabar nun FIN. Eu sempre collo un libro de pesadelos, gústanme moito. 9
Yeray Moure Herrero 2019 Gustoume porque trata duns nenos que apostan algo. Sempre collo o libro de pesadelos... Oxalá sacasen novos libros. É o meu 2º libro favorito despois de toda a colección do Diario de Greg 7
Efrén González Lorenzo 6º B 2019 Por fin!!!! Un libro que merecese o meu dez. Ten moitas eleccións á hora de ler o libro e tamén unha intrigante historia que me encantou. Esta historia é moi divertida cun final moi épico se logras sobrevivir; se non atoparás algúns finais un pouco aburridos, pero sígolle dando o meu dez. Recoméndovolo sen dúbida!!!!! recoméndovolo moito e sen mais que dicir... adeus. 10
Manuel González Toucedo 6º B 2019 Este libro gustoume moito. So lle poño unha pega, é moi sinxelo de ler, pero é unha lectura agradable e entretida... Recoméndoo a partir dos 10 ou 11 anos!!!! 9