O CADERNO LARANXA DE MORGANA

Imaxe do libro AUTOR: Pasqual Alapont
ARGUMENTO:

Teño 11 anos e 7 meses e puxéronme Morgana porque estaba de moda. Teño os ollos verdes, estudo sexto de Primaria e xogo ao baloncesto. O meu irmán Ricardo quere poñer un piercing no nariz, e por pouco non llo fai o meu pai sen anestesia nin nada. Na escola, din que vai vir unha mestra nativa de inglés e Silvia cre que unha ...

 

EDITORIAL: Edicións Xerais
Nº PÁXINAS: 168

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Irene Martínez Cortegoso 2018 Este libro estivo bastante ben, é moi parecido a vida que tería unha nena de sexto na realidade. Tamén é moi gracioso e interesante, por iso volo recomendo. 8
Carla Vila Alonso 2018 O libro non estivo mal, estaba moi axeitado ao noso nivel. Tiña partes moi graciosas e ao mesmo tempo moi realistas. Volo recomendo porque vai sobre unha rapaza que resume a súa vida nun diario de cor laranxa, conta o que lle pasa na escola, na casa, os temas que dan na clase, a súa rutina diaria, as súa afeccións ... Está moi ben para os nenos e nenas máis ou menos da nosa idade. É un libro moi CHULO animádevos !!!!!!! 8
Antonio Rodríguez Vila 2018 Este libro é moi gracioso e bastante realista, Morgana cóntanos cousas que lle van pasando ao largo do día dunha maneira moi cómica. O libro ten situacións que nos poden pasar a calquera de nós(sobre todo na escola). Un moi bo libro ! O recomendo. 10
Alex Maceira Fernández 2018 !!!!!!!!Paréceme un moi bo libro porque a clase é moi parecida as clases de 6º da actualidade. Ademais as situacións que pasa a nena se parecen moito as que suceden na vida real. RECOMÉNDOVOLO!!!!!!!!!!! 8
Raquel Lorenzo Pereiro 2018 A verdade é que pensei que o libro, ao principio, sería un pouco aburrido xa que prefiro a literatura na que tes que ler todos os capítulos na orde correspondente. En cambio, neste libro, podo ler perfectamente os capítulos salteados ou deixalo á metade, porque non me quedaría coa intriga. Aínda así, o libro foi moi gracioso e entretido. 8
Anxo Ferreira Iglesias 2018 A min este libro gustoume moito. Había esceas moi graciosas e divertidas. 10
Pablo Gallardo Gallardo 2018 O libro gustoume, aínda que é un pouco pesado pois, en 168 páxinas, ten que escribir 3 meses. Conta detalles que a algunhas persoas (como a min), non lle interesan aínda que, precisamente por iso, a algunhas persoas lle gusta. O recomendo se queres ler un libro que conte a vida cotiá. 7
José Carlos Rodríguez Tomé 2018 Gustoume moito pero non de todo. Éncantanme os libros de persoas no colexio. 8
Junming Huang 2018 Este libro non me gustou, porque non o entendín. 4
Óscar Alonso Acuña 2018 Non me gustou, pareceume aburrido. Case que podías lerte o capítulo 25 sen lerte o 20. 4