EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS

Imaxe do libro AUTOR: Jordi Sierra
ARGUMENTO:

O alumnado ten unha segunda oprotunidade para aprobar, para iso  deberán resolver unha serie de problemas para averiguar quen asasinou ao mestre de matemáticas, pero todo cambia cando a ficción trócase en realidade...
EDITORIAL: Anaya
Nº PÁXINAS: 176

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Daniel Antonio Vila 6º A 2019 Encantoume. É moi divertido 10
Candela Carballas Salgado 6º A 2019 É un libro moi interesante no que te levas moitas sorpresas, e o mis divertido é que fas xogos de matemáticas e aprendes moito. 8
Uxía Bautista Estévez 6º A 2019 Este libro é moi divertido e ten problemas para que ti poidas facelos. Recoméndovolo, é moi divertido. 10
Mateo Alonso Álvarez 6º A 2019 Neste libro uns alumnos suspensos terán que superar unhas probas para descubrir quen asasinou o profesor. Conseguiranno?
10
Lucía Costas Díaz 6º A 2019 É unha historia moi divertida e adaptada para tódolos públicos; lería outra vez este libro. Recoméndoo a tódalas persoas ás que lle gustan as historias de misterio e asasinatos. 10
Lucía Casilla Maceira 6º A 2019 É moi divertido e ponte probas matemáticas que podes resolver. Leímolo na clase e gústoume moito. Recoméndovolo. 9
Brais Chacón Vila  6º A  2019 O libro é moi misterioso, trata dun neno que suspendeu matemáticas e entón faille unha recuperación porque nos exames bloqueábase, logo tiña que facer unhas probas para resolver un misterio. Recoméndoo 
Pablo Bacelo Rodríguez  6º A  2019 Este libro o limos na clase e a case todos os nenos e nenas encantounos. O lería 100 veces tódolos días. É un libro de intriga e asombro e por iso encantoume.  10 
Hugo Amil Castro 2019 Este libro gustoume moito porque ten emoción e moita diversión. Volo recomendo aos amantes das matemáticas. 10
Irea Villar Vila 2019 Gustoume porque trata de tres nenos aos que non se lle dan ben as mates. E o profesor faille un xogo para que poidan aprobalas. Volo recomendo. 6
Brais Toucedo Vila 2019 Gustoume este libro porque ten moitos problemas que podes resolver ti, e logo o les e ves se acertaches. A historia está moi ben, pareceume moi divertido. Volo recomendo. 7
Haile Aparicio Rodríguez 2019 Este libro gustoume porque aprendín máis cousas de matemáticas, e tamén gustoume porque me rin moito. Volo recomendo as persoas que vos gusten as matemáticas. 10
Lois Berkune González Fernández 2019 A min gustoume porque o profesor quería que os alumnos aprobaran. Os alumnos chámanse: Luc, Adela e Nico. Volo recomendo. 9
Lucas Fernández Vila 2019 Este libro gustoume moito porque vai duns nenos aos que non lle gustaban as mates, entón o profesor fíxolle unhas probas moi difíciles. Recoméndovolo. 10
Claudia Mira Lorenzo 2019 A min gústame o misterio; entón encantoume. Trata de tres nenos chamados Luc, Nico y Adela que suspenden matemáticas e o seu profesor finxiu estar morto. E os nenos tiñan que superar unhas probas para atopar o asasino. 7
Zaira Carrera Pérez 6º A 2019 Este libro gustoume, aínda que lle din un 7 porque eu prefiro outro tipo de libros, pero, a verdade é que gustoume moito. Había probas para descubrir "o asasinato do profesor de matemáticas". Os personaxes teñen distintas probas para descubrir quen é o asasino do profesor de matemáticas.Para solucionar esas probas, tiñas que, de algunha maneira facer matemáticas, e ti tamén podías facer as probas. Descubrín este libro porque o limos na clase. Recoméndovolo!! 7
Óscar Molinos Rodríguez 2019 Gustoume moito porque, o mestre de matemáticas púxolle probas que lle levan moito tempo resolvelas. Recoméndoo. 8
Marco Martínez Marcote 2020 É unha historia moi divertida.Gustoume porque ten moitos problemas que podes resolver ti, e logo o les e ves se acertaches.Volo recomendo aos amantes das matemáticas. 8
Xabier Bautista Estévez 2020 O asesinato do profesor de matemáticas foi moi divertido, con operacións, misterios, problemas, exames, e sorpresas, volo recomendo porque é moi entretido. 10
Breixo Vila Alonso 2020 Este libro gustoume moito porque é de intriga e de misterio. Especialmente a min gustame os libros de intriga e de misterio e este libro o ten todo. Tamén gustoume moito porque cada capítulo ten un problema e así ata que se resolve o caso. 10
Doha Ennaciri Bouhaj 2020 Gustoume bastante porque ten problemas matemáticos en cada capítulo e é de misterio, intriga, etc. Encantoume o capítulo " vinteun", era un pouco de risa e, tamén, quería ver o que pasaba ao final. RECOMENDO ESTE LIBRO A TODOS E TODAS¡ 10
Noa Seijo Barciela 2020 A min este libro gustoume moito porque é moi interesante e divertido. É de intriga e sempre quería lelo na clase. Recoméndoo moito a todos os nenos e nenas.Seguro que vos gusta moitísimo...! Animádevos! 9
Aldara Iglesias Pereiro 2020 Este libro encantoume porque en cada capítulo que comezas tés un acertixo matemático. Trata de tres amigos aos que non lle gustaban nada as Mates e... tiñan que resolver quen asesinou ao seu profesor. Recoméndoo! 10
Icía Martínez Marcote 2020 A min gustoume moito este libro porque os acertixos son moi divertidos e, algúns, eran bastante difíciles. Os protagonistas teñen unhas características diferentes; a Adela gústanlle moito as novelas policiacas, a Nico encántanlle os videoxogos e a Luc gustanlle os contos de fantasía(sereas, unicornios, etc). Cada capítulo é cada vez máis interesante con acertixos máis complicados ! Encantoume!Recoméndoo moito! 10
Pedro Gilsánz Estévez 2020 Este libro era moi entretido porque en cada capítulo había un problema matemático e, iso, gustoume moito.Tamén porque este libro é de aventuras. Encantoume! Animádevos a lelo! 10
Thiago Alonso Toucedo 2020 O libro gustoume moito,estivo moi chulo e entretido. Ademais ten problemas matemáticos que ti podes resolver.Tamén, por cada capítulo había un problema que o resultado coincidía co número do capítulo. Estivo moi emocionante e aprendín moito! 10
Valeria Areal Aira 2020 A min o libro gustoume moito porque había exercicios matemáticos que tiñan truco e, tamén, operación matemáticas cuxo resultado coincidía co número do capítulo. Encantoume este libro!Recoméndoo! 10
Natalia Rodríguez López 2020 A min gustoume moito este libro porque é moi divertido e emocionante. En cada capítulo resolven un problema matemático, tamén, un acertixo. É moi entretido! Ao final é moi emocionante e pasa unha cousa inesperada. E... os protagonistas Luc, Nico e Adela acaban vendo as Mates como un xogo. Un libro xenial! Recoméndoo! 10
Vega Marina González Toucedo 2020 A min gustoume moito porque é de misterio e Matemáticas. Hai tres nenos Luc, Nico e Adela odian as Matemáticas e suspenderon o exame pero o profesor deulles otra oportunidade. Ao día seguinte encontraron ao profesor con tres disparos. Díxolles que o asasino marcharía ás seis en punto e .... Animádevos a lelo! 9
Zahara Damas Novas 2020 Se non che gustan as Mates; de feito se non se che dan ben, este libro encantarache!O profesor desta historia darache outra oportunidade. Tres nenos, Adela, Luc e Nico pásalle o mesmo. Suspenden as Mates e para a recuperación o seu profesor Felipe Romero, faino dunha maneira especial... Este libro é moi entretido, unha chea de problemas divertidos agárdanche. Cando crés que é imposible o libro di como facelo, é impresionante. O máis divertido para min foi resolvelo e comprobar o resultado. Encantoume!Problemas e galimatías e moito máis por resolver! 10
Hugo Fernández Álvarez 2020 A min pareceume un libro moi divertido polos problemas e, porque cada novo capítulo é un novo acertixo matemático. Foi moi intrigante porque había un asasino e para conseguir o seu nome había que resolver uns problemas en tres horas. Recoméndolovo porque é moi entretido! 8
Paulo Ces Domínguez 2020 A min gustoume moito porque é unha mestura de suspense, risa... Aínda que ten palabras que non entendía, como o limos en voz alta na aula, resolvíamos todas as dúbidas.Tamén; tiñas que resolver un problema matemático en cada capítulo, e logo descubrías o resultado. Tiña tres protagonistas: Adela (encantábanlle as novelas policiacas), Luc (gustábanlle os libros de fantasía) e Nico (os videoxogos). Por separado; aborrecían as mates, pero xuntos, non. Resolveron 8 problemas para recuperar ao profe de Mates. En xeral unha aventura matemática xenial! 10
Sara Viña Pena 2020 Este libro foi moi divertido porque tiña moitos problemas de matemáticas para resolver. Ás veces moi difíciles pero entretidos. Que libro tan emocionante! Coméntallo ao teu profe cando esteas en 5º. Encantarache lelo! 9
Candela Reche Barciela 2020 A min este libro gustoume porque é de aventura e de misterio. Cada capítulo ten un acertixo matemático. É moi interesante! Cando pensas que xa tés a solución ... logo cambia! Ao principio crin que non me gustaría pero, despois, non queria parar de lelo. É un libro xenial de misterio e, tamén, de risa . Recoméndoo! 10
Joel Taibo González 2020 A min gustoume moito o libro porque era moi divertido e interesante. Cada capítulo tiña unha proba matemática diferente. Asasinaron ao profe de Mates e os protagonistas teñen que resolver o caso antes das 8 e... Encantoume! Recoméndoo! 10
Hao Wu 2020 Tres nenos que suspenderon as Mates deben resolver uns acertixos matemáticos e solucionar o caso de quen matou ao profes de Mates. Encantoume este libro! 10
Carlos Morgadas Domínguez 2020 A min gustoume moito porque é un libro de aventura, diversión, etc. Cada novo capítulo hai unha nova pista para resolver problemas matemáticos. Recoméndoo porque é gracioso. Creo que foi uns dos meus libros favoritos! 9
Feixiang Lin 2020 A min gustoume moito porque en cada capitulo había un exercicio matemático. Como me gustan as mates, este libro encantoume. Tamén, é moi divertido e emocionante porque trata dun asasinato e os protagonistas tiñan que descubrir quen matou ao profe de Mates e ... Recomendo este libro. Se o les é como abrir unha porta nova ás Matemáticas e, así, ides practicando dun xeito divertido. 8
Xabi Carballeira Calvo 2020 A min o libro do asasinato do profesor de Matemáticas gustoume bastante. Se tivera que poñerlle unha nota do un ao dez; poríalle un nove porque a temática está moi ben. Non lle pusen un dez porque o libro pasa de un tema a outro e non entendía ben algúns problemas. En xeral, pareceume entretido e interesante para ler na aula. 9