EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA

Imaxe do libro AUTOR: Jordi Sierra
ARGUMENTO:

A mestra de lingua está farta de que os seus alumnos non se esforcen. Decide darlles unha nova. Se non o impiden antes de rematar o día asasinará a un deles. Os  alumnos comezan a búsqueda, pois na tarefa van a súas vidas....
 
EDITORIAL: Anaya
Nº PÁXINAS: 168

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Noemí Quinteiro Sánchez 2014 Este é un libro de moita intriga , Non vos parece? pois sí é moi pero moi interesante e misterioso. Por iso doulle un 10. Volo recomendo moito. 10
Noel Santiago Estévez 2016 Encantoume o libro por que ten fácil lectura e porque mantivome moi intrigado. A historia trata da mestra  señorita Soledad, a mestra de lingua. Ela quere asasinar a un deles por non estudar e ler, pero dalles unha oportunidade, teñlen que resolver unhas probas. Recomendo este libro a todos os lectores maiores de 12 anos. 10
Alejandro Alonso Estévez 2016 Este libro antes de lelo non me gustaba e non o collía. Unha vez na clase limos o libro"El asesinato del profesor de matemáticas" e gustoume. Por iso agora lin este libro e encantoume.Trata duns nenos que van  suspender e a súa mestra mándalles unha carta que pon que vai a asasinar a un deles . Tiveron que facer unhas probas e as fixeron ben e non suspenderon. 10
Ángela Romero Pereira 2016 A mín este libro gustoume moitísimo,o vocabulario non é difícil, entendín todas as palabras, é entretido e tamén é un pouco gracioso.Trata dunha mestra de Lengua chamada Soledad , que está cansa de que os seus alumnos non se esforcen. 10
Alberto Martínez Cortegoso 2016 O libro é bastante interesante pero, na mina opinión tiña que ter uns poucos máis de debuxos. A letra está moi ben e o libro intriga un pouco, por iso, doulle esa puntuación. 8
Nicolás Pena Pedrares 2016 É un libro bastante bo, aínda que ás veces enróllase moito con algunhas tonterías. Recoméndovolo porque é a miña opinión. 9
Mateo Alonso Álvarez 6º A 2019 Este libro é sobre unha profesora que está farta de que os nenos non atendan e sempre suspendan. Un día, lles di que a quen suspenda o asesinará. Qué pasará... 10