ALIENTO DE VAMPIRO

Imaxe da portada do libro  AUTOR: R.L. Stine
ARGUMENTO:

NNinguén dos rapaces tiña medo ata que baixon ao soto de Freddy e atoparon a cripta e mais a botella co Alento de Vampiro...

 



EDITORIAL: Ediciones B
Nº PÁXINAS: 139

 

(Se queres opinar e valorar o libro. Preme no botón inferior) 

OPINAR

 

OPINIÓNS

NOME NIVEL ANO OPINA VALORACIÓN
Anxo Vidal 2017 Non me gustou moito. A historia non tiña nin pés nin cabeza. A verdade é que non o recomendo. 5
Candela Carballas Salgado 5º A 2018 É un libro moi interesante ademais de misterioso. Freddy o protagonista xunto a Cara a súa amiga descubrirán algo que lles cambiará a vida sobre todo a Freddy. Non vos conto máis, a disfrutalo vós. 7
Lucia Casilla Maceira 5º A 2018 Gustoume moito. O libro é moi guai e gustoume porque a aventura que viven Freddy Martínez e Cara Simonetti é moi divertida. Gustoume moito o final. Recoméndoo. 9
Laura Viñas Ferire 5º A 2018 O libro non me gustou moito. Freddy e Cara, non tiñan medo a nada, tiñan que encontrar o alento de vampiro antes de Aladenoche. E fácil de ler. Animádevos a lelo 6
Diego Fernández Rodríguez 5º A 2018 Gustoume moito, unha historia moi divertida. O final é moi gracioso. O meu personaxe favorito era Freddy, o neno. O que menos me gustou era que tiña moitas páxinas ....Recomendo este libro. 8
Lucía Costas Díaz 5º A 2018 O libro gustoume bastante. É todo o contrario ao nome da saga de libros, non dá pesadelos ,así que aos máis medosos recoméndolles que non se fíen da portada. En xeral o libro trataba sobre uns nenos chamados Cara e Freddy que se adentran na aventura de lidar cun vampiro sedento polo gran fallo de meterse dentro dun remoto túnel secreto no faiado de Freddy. Recoméndoo. 8
Mateo Alonso Álvarez 5º A 2018 A min gustoume o libro. É entretido e divertido e tamén ten un pouco de misterio. A parte que máis me gustou foi cando o conde Aladenoite ía converter a Freddy nun vampiro. Recoméndoo. 7
Uxía Bautista Estévez 5º A 2018 A min non me gustou, era moi aburrido. Eu son de historias de máis suspense. Non volo recomendo. 2
Óscar Fernández Sanjuán 5º A 2018 É un libro moi divertido. Freddy e Cara adéntranse na aventura da súa vida. Freddy tira unha estantería e descubren unha porta segreda que os leva á cripta onde encontran ao conde Aladenoche e unha botella de alento de vampiro que os leva a época do conde Aladenoche e......vivirán unha grande aventura. 9
Pablo Bacelo Rodríguez 5º A 2018 A min non me gustou porque non me gustan os libros de pesadelos. Os seus libros parécenme moi curtos e a min gústanme máis longos. Non o recomendo, e se o les recoméndoo para maiores de 9 anos. 3
Zaira Carrera Pérez 5º A 2018 Gustoume porque tiña algunhas partes nas que me asustaba e despois ría. Recoméndoo, é bastante fácil de ler. Trata duns nenos que coñecen a un vampiro que descansaba no soto da súa casa. Estivo entretido!!! 9
Daniel Antonio Vila 5º A 2018 Gustoume Fredy porque é un vampiro e tamén Cara porque seguro que era guapa e con carácter.. E moi guai porque é en castelán e resúltame máis fácil lelo 8
Noa Damas Novas 5º A 2018 Gustoume moito a historia. A miña parte favorita foi ó final. Recoméndoo a maiores de 9 anos. É moi divertido. 10
Brais Chacón Vila 5º A 2018 A min o libro gustoume. É de medo e misterio. Trata dun neno chamado Freddy que descobre que é un vampiro. Recoméndoo. 9
Noel Gil Barros 5º A 2018 Non me gustou. Recoméndoo para maiores de 8 anos. Non me resultou nada entretido. 4
Daniel Andrés Santos 5º A 2018 É bastante entretido con moito misterio e diversión, trata de dous nenos que din que son moi duros. Ao xogar ás pelexeiras tiran un estante e descobren unha porta, collen unhas lanternas e empeza a vampirizante aventura. 9
Sabela Guisande Vieito 5º B 2018 Non me gustou. A idade recomendada é entre os 8 e os 12 máis ou menos. É bastante aburrido, a menos que che gusten os vampiros. Non o recomendo. 3
Ariadna González Rivero 5º B 2018 A min gústame moito. Estamos léndoo neste momento. Pasámolo moi ben lendoo. 9
Manuel González Toucedo 5º B 2018 É un libro de misterio, pero é bastante aburrido. 6
Marcos Gil Rodríguez 5º B 2018 Pareceume un libro moi divertido con aventuras moi sinistras e sobre todo aparecen moitos vampiros. Gustoume bastante. 6
Héctor Rocha Navarro 6º B 2018 Gustoume bastante o libro porque ten misterio e así prodúceme máis intriga. O meu personaxe preferido é Freddy, o protagonista. 8
Sergio Romero Pereira 6º B 2019 É un libro moi entretido, con misterios nos que te metes na pel dos protagonistas, sobre todo, na parte na que están nun sótano e pasan por un corredor escalofriante e atopan un ataúde aberto. Dende ahí, comezan a pasar cousas nas que te metes aínda máis na historia. Recomendo o libro polo seu drama e misterios para lectores/as maiores de 9 anos. 8
Yasir Nahil Elhatifi 6º B 2019 Para min, non é bo libro. A min non me gustou moito. É aburrido. O que me gustou do libro é que é de fantasía. O que non me gustou é que trata de vampiros. Non o recomendo. 5
Haile Aparicio Rodríguez 2019 É un libro que se o les pola noite non te deixa durmir, pero para min é un libro de terror moi bo. 8