Skip to Content

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

CHARLA CANCELADA

 

O vindeiro mércores 6 de marzo ás 17:00 horas terá lugar a segunda sesión da escola de nais e pais: A EDUCACIÓN SEXUAL DENDE A CASA.

ENTROIDO 2024

Un ano máis celebramos o Entroido no Mestre Valverde Mayo e grazas á colaboración e participación de tod@s, foi espectacular!!

Con Xan Pereiro, O CHOQUEIRO como protagonista, achegámonos ao Entroido tradicional do barrio de Monte Alto, de A Coruña. O alumnado de 6º foi o encargado de dar a coñecer o máis característico destes personaxes entroideiros: OS CHOQUEIROS

Nesta ocasión,  a temática escollida para os disfraces e as comparsas foi A PUBLICIDADE, proxecto da Biblioteca do colexio para este curso, o que converteu ao Entroido 2024 nun  ENTROIDO DE ANUNCIO!! 

Desfrutamos da compañía dunha representación das mulleres usuarias do Centro das Escravas da Virxe Dolorosa. Encántanos poder contar coa vosa presenza!!

Agradecemos a todos e a todas a vosa participación e colaboración, sen ela nada sería igual!!

Agora convidámosvos a desfrutar do Entroido no Mestre Valverde Mayo premendo na imaxe!!

VIVA O ENTROIDO!!

 

 

 

 

AVISO: ENTROIDO 2024

Debido ás condicións metereolóxicas as actividades do Entroido previstas para realizar no exterior serán  substituídas por un pequeno desfile no interior do pavillón de Sanguiñeda. 

As familias poderedes acceder ao pavillón a partir das 10:30 horas. A porta de acceso será a exterior ao colexio (aparcadoiro do profesorado).

Os responsables da discoteca Queen retirarán as cadeas do seu aparcadoiro para que o poidades empregar. 

Retomaremos as clases o xoves 15 de febreiro. 

Atentamente, a dirección.

GALE E GALA LEN O PREGÓN NAS AULAS

Gale e Gala visitan as aulas para ler o pregón de Entroido. Presentan o Entroido e informan sobre as comandas do meco para os días previos á Festa que celebraremos o venres día 9.

Premer na imaxe para ver o vídeo.

 

ADMISIÓN CURSO 24-25

NORMATIVA

ZONAS DE INFLUENCIA

VACANTES

 HORARIO PARA ENTREGA DE SOLICITUDES:De luns a venres de 9:30 a 10:00 e de 13:15 a 14:00.

 

PROCESO PRAZO DOCUMENTACIÓN
RESERVA DE PRAZA PARA O IES DE MOS  DO 16 DE XANEIRO AO 8 DE FEBREIRO ED550A
SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA (Noutros centros ou de nova admisión)
DO 1 AO 20 DE MARZO

ED550B

Fotocopia DNI do alumno/a ou libro de familia.

De ser o caso (Sentenza xudicial  separación ou divorcio, libro de familia, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...)

ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO(Só no caso de que haxa máis solicitudes que prazas)  DO 21 DE MARZO ATA O 4 DE ABRIL  Documentación para a acreditacón dos CRITERIOS polos que se solicita puntuación
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO ANTES DO 25 DE ABRIL   
RECLAMACIÓNS AS LISTAXES PROVISIONAIS TRES DÍAS HÁBILES DENDE A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES.  
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO ANTES DO 15 DE MAIO.   
FORMALIZACIÓN DEFINITIVA DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO 

ANEXO III

Ficha datos.

Autorización imaxe.

4 fotografías.

Certificado médico.

Fotocopia tarxeta sanitaria.

Ficha autorización de recollida.

Autorización saídas Parque da auga Sanguiñeda.

Circular informativa para familias de alumnado de 4º Educación Infantil. 

Información ANPA e inscrición novos socios e socias. 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN ESO  DO 25 AO 10 DE XULLO  

PROCESO DE ADMISIÓN DIRECTAMENTE DENDE A SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro, conmemoramos no noso cole o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

O alumnado e profesorado convertimonos en heroes e heroínas pola PAZ.

Premede na imaxe para ver como foi a nosa celebración.

 

 

 

ENTROIDO 2024

ENTROIDO NO MESTRE VALVERDE MAYO

 

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


 

Cita previa: 886110356/58

 

PRAZO DE SOLICITUDES DE MATRÍCULA: DO 1 AO 20 DE MARZO. 

 

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut